Sobre o autor

eu

Manuel Arca Castro cursou o Grao en Tradución e Interpretación (Galego-Inglés) e o Mestrado en Tradución para a Comunicación Internacional na Universidade de Vigo. Foi galardoado co Premio Extraordinario de Fin de Carreira (2018) e mais foi gañador, na categoría de Tradución, dos Premios de Relato Curto, Poesía e Tradución da Universidade de Vigo nas edicións dos anos 2017 e 2018.

Desenvolveu tarefas de creación de contidos e de corrección ortotipográfica en casas editoriais como Obradoiro Edicións e Novo Vinilo Edicións, mais na actualidade dedícase principalmente á tradución audiovisual (dobraxe, axuste/adaptación e subtitulado). Traduciu para o galego filmes como Annie Hall (1977), Flashdance (1983), Mandela: un longo camiño cara á liberdade (2013), Rei Artur: a lenda de Excálibur (2017) e Dunkerque (2017), alén de seriais, para o público infanto-xuvenil e adulto, como Doraemon (2005), Spirit (2017), A abella Maia T2 (2017) e Hudson e Rex T1 (2019).

É tamén membro da AGPTI (Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Intepretación) e mais de DAMA (Dereitos de Autor de Medios Audiovisuais).

Un comentario en “Sobre o autor

  1. Ola, Manuel. Hai moito que non sei de ti. Todo ben? Acabo de consultar a túa páxina e os teus artigos. Noraboa. Sempre pensei que serías unha peza importante no audiovisual galego e non me equivoquei. Apertas. Lourdes

    Gústame

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s