A literatura e o xornalismo son a dinamo das linguas

BiosBardia

Fragmento da contracapa da edición do ‘Dicionario Xerais da Lingua’ do 1990

César Lorenzo Gil.

En Galicia, malia todos os erros, eivas, polémicas e obxeccións, a Academia conseguiu o monopolio sobre a norma da lingua propia. O seu dicionario en liña é o máis utilizado e o seu criterio úsase como autoridade en calquera dos debates sobre usos lingüísticos ou ortográficos que se dan no mundo real ou virtual.

Que isto suceda é unha boa noticia para a nosa cultura. A pesar de que a meirande parte das nosas institucións nacionais levan en pé máis de corenta anos, seguen a necesitar demostrar a súa lexitimidade continuamente. Con certeza, a Academia non xurdiu canda a Xunta ou o Consello da Cultura, por nomear dous entes de grande altura política segundo a nosa lexislación, pero o seu perfil nada ten a ver coas funcións, obxectivos e fasquía que mantivo durante outras moitas…

View original post 668 palabras máis

As traducións nas escolas

BiosBardia

Libros infantís e xuvenís traducidos ao galego.

César Lorenzo Gil.

É van explicar outra volta que non hai literatura que viva só da autarquía. A biblioteca galega enriquécese coas obras propias, pero sobre todo coa capacidade que as editoriais teñan de incorporar na nosa lingua títulos creados noutros idiomas. O galego literario por suposto que o sustentan os creadores que escolleron o noso idioma para escribir, pero é na tradución onde a lingua se retorce, se adapta, se estira para captar os matices e os significados que se forxaron fóra das nosas fronteiras (xeográficas e mentais) mais que teñen que lerse aquí por nós.

Nas traducións aprenden os lectores o galego e tamén o aprenden os escritores. Só teremos unha cultura plena se aumentan os libros traducidos, se a nosa industria editorial é quen de traer unha parte dese magma inabarcable da literatura universal un quiñón que impida un dos…

View original post 430 palabras máis

FILMES ESTRANXEIROS DOBRADOS AO GALEGO QUE ESTREOU A TVG NO 2022

O número de títulos dobrados ao galego que estreou a Televisión de Galicia no 2022 superou as estreas programadas durante o ano anterior, cun total de 45 obras cinematográficas. As máis foron producións con lingua orixinal en inglés, pero tamén se contan catro títulos en francés, dous en italiano, dous en ruso, un en polaco, un en noruegués, un en español e un en alemán.

Só se estreou un traballo de animación, no Aninovo: Cegoñas (2016), traducido por Andrea Ucha. Destacan éxitos da carteleira como 12 anos de escravitude (2013), Green Book (2018) ou Skyfall (2012), cuxos textos galegos asina Rosa Moledo, e mais clásicos contemporáneos como As normas da casa da sidra (1999), con tradución de Rosa Camiña e de Miguel Vijande, ou O derradeiro dos mohicanos (1992), con tradución de Manuel Arca.