María Reimóndez, Eva Almazán e Rosa Camiña, alumnas das primeiras promocións do Grao en Tradución e Interpretación e hoxe profesionais de prestixio, volveron ao campus para compartiren cos seus futuros compañeiros e compañeiras, hoxe estudantes, lembranzas, vivencias e consellos que os axuden a abrirse paso no mercado laboral.
Que as levou a estudar esta titulación, inexistente ata aquel momento en Galicia, como foron os seus inicios profesionais ou que papel tivo a súa formación en relación aos avances acadados na normalización do galego foron algúns dos temas que tiveron a oportunidade de tratar ao longo da mesa redonda 25 anos de formación de tradutores e intérpretes na FFT.