Premios de relato curto, poesía e tradución literaria da Universidade de Vigo 2018

  • 1.º premio na modalidade de tradución literaria dos Premios da Universidade de Vigo 2018 para a versión galega dunha antoloxía do poemario All of Us: The Collected Poems de Raymond Carver.

premios_2018

Esta antoloxía da obra lírica de Carver recompila, para o lector galego, os poemas «Felicidade», «Temor», «Imbécil», «Esta mañá» e «Fragmento serodio»; este último xa traído á nosa lingua polo monfortino Lois Pereiro, quen recoñeceu a este autor como unha das súas principais influencias. 

Carver válese na súa obra poética de elementos cotiáns e escenas diarias para plasmar, nunha sorte de «necesidade vital», fragmentos de realidade que se achan no limiar da súa autobiografía. O seu estilo, carente de artificios e ornamentacións, conecta coa palabra viva e coa oralidade, unha das características definitorias dun dos autores máis sobranceiros da literatura norteamericana do século XX.

Editados por Edicións Xerais de Galicia.

Unha homenaxe á escritora recoñecida neste 2018 co Día das Letras Galegas, María Victoria Moreno, e ao seu amor á lingua galega, e un recoñecemento tamén aos gaoñadores e gañadoras dos Premios de poesía, relato curto e tradución literaria que promove a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. Estes foron os dous eixos do acto que este mediodía enxalzou o galego e as súas letras na Casa das Campás lembrando tanto a unha escritora e docente «sementadora de futuro», como salientou o reitor en funcións, Salustiano Mato, e poñendo en valor aos integrantes da comunidade universitaria recoñecidos con estes galardóns, «que seguindo o ronsel de María Victoria Moreno, cultivades o uso do galego e sementades futuro». 

premios_xerais_2017

Edicións Xerais.

Na modalidade de tradución literaria, o primeiro premio foi para o alumno do grao en Tradución e Interpretación Manuel Arca Castro, que xa en 2017 obtivera este mesmo galardón pola súa tradución de dous relatos de Raymond Carver. Desta volta lográbao coa tradución de cinco poesías deste mesmo autor, do que destaca a súa «sinxeleza para trasladar a rutina e a soidade que nos circunda nas nosas vidas« e no que «a naturalidade e sinxeleza» das súas verbas tornáronse, explica, «o máis complexo de recrear na tradución».

Xunto a Arca, que ve neste premio o «feche de ouro ideal» a súa etapa como alumno de grao, foron recoñecidos cun accésit as traducións que Moncho Iglesias e Nancy Cuquejo realizaron de textos de Rupi Kaur e Chantal Cahour. Así mesmo, o xurado recomendou a publicación da tradución que Mateo Ramos realizou dun texto de Lucy Felthouse.

https://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=12843&Itemid=12

Advertisements

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s