Tras a letra estás…

Se xa se revela ardua a actividade da tradución, tórnase aínda máis dificultosa cando é unha canción o produto que cómpre verter a unha lingua determinada, por se tratar dun texto literario cunha serie de recursos estilísticos e por, se for o caso, precisar dunha adaptación en que se respecten o ritmo e a rima do orixinal. Alén diso, no suposto de existir unha imaxe que acompañe a banda sonora, maniféstase conveniente atender á relación verboicónica e ofrecer un texto equivalente a ouvidos dos destinatarios desa música traducida, a pesar de esta ser considerada (madía leva!) a linguaxe universal.

Unha das pezas obxecto de tradución desde unha cultura orixe (Xapón) a dúas culturas receptoras (Galiza e Hispanoamérica) foi Yume Mita Ato De (Despois de soñar), que o grupo nipón GARNET CROW tocou para a serie de animación O detective Conan no ano 2002. Alén da versión orixinal, existen no mundo dúas adaptacións do tema: a traducida ao galego en 2008, emitida na TVG, e a versión en español, estreada no ano 2017 na canle chilena ETC.

TRANSCRICIÓN DO XAPONÉS

TRADUCIÓN AO INGLÉS

Asa ga kuru tabi kimi no koto wo omou
Tada soba ni ireba shiawase datta
Toki ga tatsu koto ni obiete naiteta
Kawari yuku hito no kokoro ni

Nozomanakereba
ushinawanai no ni
Motomezu niwa irarenai yo
Donna mirai ga
kono saki ni atte mo

Yume wo mita ato de
Kimi wa mada tookute
Kimochi dake
sakibashitte
karamawari

Hana no ame ga furu
kono michi wa kawarazu
Ude wo karame arukitai na

Whenever morning comes, I think of you.
Just you being beside me, I was content.
I was afraid of the passing of time and I cried
in the heart of a changing person.

Although if we don’t yearn for it 
we won’t lose it,
I cannot stay without desiring it.
No matter what future
lies before us.

After I dreamt
you were still far away. 
Only my feelings
got ahead of me
and turned out fruitless.

The rain of flowers fell,
this road will remain unchanged. 
I want to walk it with you holding my hand.

O orixinal preséntanos a recorrente cuestión sobre o amor que esvaece, mais presenta unha relación constante cos soños (no inicio e no retrouso do tema) onde ese amor prevalece. Pódese —e débese— estabelecer un paralelismo co argumento da serie (en que os protagonistas personalizan os dous roles que simboliza a canción), para entender como a imaxe traduce ao código semiótico os versos do tema (quer de maneira explícita coa alusión aos pétalos, quer de maneira implícita encarnando a soidade entre o ateigamento de persoas ao inicio). As dúas adaptacións deben, por tanto, evocar a carga semántica do texto xaponés e reconstruír a relación que este posúe coa imaxe.

No aspecto musical, é pertinente indicar que as dúas interpretacións son correctas e equiparábeis ao orixinal. Insírense perfectamente no acompañamento instrumental e conxugan con suma elegancia os fraseos da cantante Yuri Nakamura, a solista orixinal. No que concirne ás traducións en si mesmas, as dúas respectan os significados orixinais en comuñón coas posibilidades que lles ofrecen as súas linguas de chegada. As adaptacións musicais corresponden a María Alonso Seisdedos (SODINOR) e a Mauricio Villaroel (AEDEA Studio), no caso do galego e do español, respectivamente.

ADAPTACIÓN AO GALEGO (TVG)

ADAPTACIÓN AO ESPAÑOL (ETC)

A pensar só en ti esperto eu cada mañá
en cando era feliz só de estar xunto a ti.
E temendo as consecuencias que o futuro nos traerá
coa alma de quen muda mil bágoas vertín.

Malia non ter que perder,
sen desexos en que crer,
non podo evitar soñar algo que me
dea azos sen pensar
no que depara o mañá.

Pero tras o soño estás
aínda tan distante, tan real,
os meus sentimentos
lánzanse en van
cara ao espazo.

A rúa que coa súa chuvia
de flores segue igual
eu quéroa percorrer do teu brazo.

[Ligazón ao vídeo]

Cada mañana al despertar llega tu recuerdo,
de cuando estábamos juntos y yo era feliz.
Veo transcurrir el tiempo con angustia al pensar
en el cambio que un corazón puede sufrir.

No lo quiero desear
porque así no lo perderé,
pero no logro evitar buscar su amor;
el futuro mostrará
si valió la pena o no.

De un sueño desperté
y seguías lejos como ayer.
Solo mi afecto
cruza el tiempo
sin llegar a ti.

En este andar lloverán
pétalos y nada cambiará:
entre tus brazos quisiera caminar. 

[Ligazón ao vídeo]

En comparativa, as dúas versións tiran de recursos semánticos paralelos aos do orixinal para poderen encaixar o ritmo que este imprime (bágoas/angustia, alma/corazón, sentimentos/afecto, rúa/andar). As rimas, apenas presentes no orixinal, tentan recrearse nas dúas versións (mañátraerá, brazoespazo; felizsufrir, afectotiempo); para salvar algunha delas (como, por exemplo, as da terceira estrofa), a adaptación galega reforza a idea da separación («distante» e tamén «real») e a versión hispanoamericana fai o propio mediante un símil («lejos como ayer»). Alén disto, en galego acrecéntase un xogo de palabras con mañá, ao empregarse como «primeira hora do día» e, en versos posteriores, como sinónimo de futuro.

feche_Conan_14

© TMS Entertainment

A imaxe, como se pode apreciar nas dúas traducións, altérase en beneficio dunha certa internacionalización, pois os créditos vértense para o inglés e elimínanse os caracteres xaponeses presentes no orixinal. Ademais, exclúense as letras da canción subtitulada en xaponés —e poderiamos estar aquí perante un culturema indiscutíbel, pois estas son asaz frecuentes na entrada e no feche das series de animación nipoas—.

En conclusión, debe afirmarse que coas posibilidades brindadas por cada un dos idiomas de chegada se conseguiron adaptacións de moita calidade, ao son do orixinal. É positivo que o público das versións traducidas poida apreciar a magnitude do produto en toda a súa envergadura —o que inclúe a banda sonora—; máis cando o traslado entre o porto de orixe e os dous destinos foi harmonioso e permite que, tras a letra, se (re)creen os sentimentos que se achan tras o soño da partitura primixenia.

Advertisements

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s