Premios de relato curto, poesía e tradución literaria da Universidade de Vigo 2017

  • 1º premio na modalidade de tradución literaria dos Premios da Universidade de Vigo 2017 para a versión galega do relato curto «What We Talk About When We Talk About Love» de Raymond Carver.

Premios_2017-002O relato trata un tipo de amor especial: o amor da autodestrución, do alcohol, dos antiheroes… a ausencia do amor. Carver usa, nesta historia, un estilo fílmico ateigado de planos cinematográficos e lances con intervencións baseadas na lingua do inglés coloquial e real. O texto é pura precisión, contraposta a unha escasa estética, que se percibe no repetitivo uso do verbo to say e que, lonxe de incorrer nun anglicismo de frecuencia na tradución, parece esencial manter para reflectir o carácter sobrio do autor. Non obstante, as súas palabras impoñentes no decurso das conversas que non din nada incitan á reflexión, a que o lector se torne parte activa da lectura.

Tampouco son casuais os símbolos que se presentan: a luz que acompaña os personaxes ou o alcohol que vai fluíndo gulapo a gulapo acompañan toda a narración. Os diferentes tipos de amor, as secuelas do maltrato, o machismo e o contacto físico figuran nos acontecementos dun relato completo, que deixa unha certa sensación de desacougo ao lector tras un final de quietude en que ninguén se ergue para actuar, en que todo permanece na súa orixe, mais en que, ao tempo, o corazón segue a latexar.

Na semana na que Galiza celebra con actos espallados por todo o país as Letras Galegas, centrados nesta ocasión na figura de Carlos Casares, a Universidade súmase tamén a estas celebracións, entre outras accións, dando a coñecer o nome dos Premios de poesía, relato curto e tradución literaria 2017, galardóns que este ano recaeron en Genaro Da Silva, na categoría Poesía; Lidia Dosil, en Relato curto; e Manuel Arca, en Tradución literaria, tres estudantes da Universidade de Vigo, cada un do seu ámbito de saber, cada un coas súas propias inquietudes, pero os tres coa inquedanza común de empregar as letras como ferramenta de creación no idioma galego.

No caso da Tradución literaria, o xurado decidiu entregar o primeiro premio á tradución dun texto de Raymond Carver realizada por Manuel Arca, estudante de Tradución e Interpretación, na modalidade de galego-inglés. «Nunca antes me presentara a un premio de tradución, así que recibo este recoñecemento con máis alegría se cabe», explica o alumno, que apunta tamén que esta tradución constitúe para el «facer a miña achega, por pequena que sexa, ao sistema cultural galego, que resiste ás boquexadas os ataques de cantos desexan velo esmorecer». Carver parecíalle un escritor que cumpría introducir na literatura galega. «Alén de estar a súa obra publicada en catalán, vasco e español, consideraba que tiñamos que facer xustiza a persoeiros que, como Haruki Murakami ou Lois Pereiro, viron en Carver unha parte fundamental da literatura norteamericana», recalca Arca, quen explica que lle levou moito tempo dar cun resultado definitivo que o convencese. «Algunhas das miñas amizades fixeron lecturas do texto e achegaron certas suxestións no plano lingüístico, algo que agradezo publicamente de corazón», recalcou.

Ademais do traballo de Arca publicarase tamen a tradución dun texto de Azhar Abidi, realizada por Moncho Iglesias, como 1º accésit; e doutro de Chimamanda Ngozi Adichie, feita por Hadrián Pérez, como segundo; así como un de Randa Jarrar, realizado tamén por Moncho Iglesias.

https://duvi.uvigo.es/index.php?option=com_content&task=view&id=12843&Itemid=12

Advertisements

2 comentarios en “Premios de relato curto, poesía e tradución literaria da Universidade de Vigo 2017

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s