O paradoxo do tradutor

A do tradutor é unha das profesións máis paradoxais. Por unha parte, a súa presenza non se debe notar, pois o receptor non debe reparar na súa existencia, mais, por outra, o tradutor si debe reclamar o dereito de o seu traballo se visibilizar para que o público coñeza a relevancia da súa función e, en consecuencia, se garantan o respecto e o prestixio mínimos que merece calquera ámbito do coñecemento.

Alén diso, a tradución é unha empresa que se definiu ao longo dos séculos, na escasa reflexión teórica que existiu verbo dela até o século XX, baixo o estigma da imposibilidade, pois considerábase que a mediación interlingüística total non existía e que constituía unha quimera á que ninguén podía aspirar.

E ao tempo que a ignorancia esperta, aínda hoxe, moitos destes prexuízos, ao noso redor continúan penetrando e imperando calcos de toda natureza. E ollo, porque non é necesario recorrer á falacia do español neutro para constatarmos esta tendencia visto que, sen ir moi lonxe, estes días estase a falar nos telexornais do escenario (scenario) da polución (pollution) en Madrid.

mafalda_traducion

© Ediciones de la Flor

Velaí a responsabilidade do proceso de tradución: se se carecer de sensibilidade lingüística, invócase o calco e este invade os ouvidos dos falantes que, sen o pretenderen, acaban por o utilizaren en escritos orixinais que non resultan do proceso (directo, abofé) da tradución. E claro, non sería bizarro chegarmos ao punto de que, ao final do día, si que nos sintamos estranxeiros ao falarmos na nosa propia lingua… ou linguaxe. Benditos tradutores!

Advertisements

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s