A cuestión do Hamlet

Ser ou non ser, esa é a cuestión. É máis nobre para o espírito sufrir os golpes e frechas da aldraxante fortuna ou coller as armas contra un mar de adversidades e facéndolles fronte pórlles fin? Morrer, durmir… non máis.

Así comeza o soliloquio máis célebre da historia da dramaturxia, dun relato de actualidade froito do maxín do universal William Shakespeare. Bebe directamente de obras anteriores e exerce unha forte influencia sobre moitas posteriores. Hamlet é merecente, sen dúbida, desa maxestade que se lle atribúe.

Shakespeare brinca con enxeño con personaxes totalmente redondos, que varían as súas actuacións e pensamentos co devir das tramas. Ao mesmo tempo, consegue engadir a todas as situacións un ingrediente de comedia ou drama, segundo conviñer en cada caso. Cunha calidade incontestable, Shakespeare non se limita só a nos presentar unha carta de personaxes principais brillantes, senón que ofrece tamén un abano de secundarios altamente carismáticos que perfilan a esencia da obra.

O lector coñece, desde o primeiro, cal é o desenlace da obra. Isto acrecenta a tensión en escenas como a morte de Polonio ou o combate con Laertes, pois o destino do rei Claudio e o do propio Hamlet vaise configurando consonte cobra forza o cometido deste último.

laurence_hamlet

© Two Cities Films

O texto encerra unha forte crítica social cara aos estamentos máis altos da sociedade, plasmado no cainismo de Claudio, no odio de Hamlet cara ao seu tío ou na loucura de Ofelia: son a materialización da crítica shakesperiana da corte daquel momento. Sentimentos de vinganza, carraxe, temor e tristura son comúns a todos os pobos e a todos os tempos, o que permite adaptar, sen complicación ningunha, aquilo que chegaba ao público do teatro isabelino para o espectador do século XXI.

Isto converte en imprescindible o exercicio da tradución desta obra ao galego. Miguel Pérez Romero presentou, nunha versión bilingüe inglés-galego publicada por Galaxia en 1993, un texto meta capaz de ser interpretado no estrado. Neste caso, o problema non había ser o to be, or not to be, porque estar, estamos.

Advertisements

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s