A vertente fílmica do Shakespeare

No seo das adaptacións fílmicas de obras literarias, entra en xogo a distancia intercultural entre o autor do texto orixinal e o director da versión cinematográfica. E se, alén diso, engadimos catro séculos de diferenza entre manuscrito e guión, a análise do resultado alcanzado cobra un interese particular.

As películas de Hamlet (Reino Unido, 1990) e Ran (Xapón, 1985) pertencen a dous países e culturas cinematográficas moi distintas. Porén, encóntranse fortemente relacionadas a unha coa outra, xa que os seus guións están baseados en dous textos do conspicuo William Shakespeare: a obra homónima de Hamlet e O rei Lear, respectivamente.

hamlet-1990-still

© Warner Bros

O que serve de vencello entre ambas as obras é atmosfera que as rodea: un mundo feudal, a corte, a estirpe real…; mais, sobre todo, uns ingredientes que motorizan a progresión dos filmes —e dos textos, claro— desde o seu inicio ata a fin: a vinganza e a ambición. Por unha banda, en Hamlet preséntasenos a historia dun príncipe cuxo plan non é outro que vingar a morte de seu pai matando a seu tío. Ao longo da película, Hamlet reflexiona sobre a vida e a morte, sobre o que está ben e está mal, sobre o mundo e as súas ambicións… En Ran, seguimos a historia do clan Ichimonji. O patriarca Hidetora está por repartir a herdanza das súas terras entre os seus tres fillos: Taro, Jiro e Saburo. O personaxe principal somérxese nunha reflexión profunda sobre o mundo que o rodea e cavila fortemente no pasado e no destino.

A linguaxe cinematográfica en Hamlet e Ran é asaz diferente. Na primeira, que pertence á cultura occidental, non notamos grandes diverxencias respecto doutros filmes europeos ou estadounidenses. Non obstante, en Ran, ao se non estar familiarizado coa cultura oriental e co seu cinema, é posible atopar cuestións interesantes desde unha visión occidental: a linguaxe de planos é distinta, a preocupación pola paisaxe e os decorados está presente ao longo da obra e o modo de reflectir a dor e o sangue é mesmo abraiante.

ran

© Toho

Zeffirelli e Kurosawa realizan boas adaptacións dos textos do teatro isabelino. O primeiro xa dirixira anteriormente Romeo e Xulieta, polo que a súa experiencia como director das letras de Shakespeare está máis que consolidada. Kurosawa, niponizando a obra d’O rei Lear consegue un resultado esplendoroso: mantén a esencia do orixinal e engade novas perspectivas e miradas ao texto en cuestión, pois Ran, baixo o selo persoal de Kurosawa, destaca polo seu minucioso coidado. Os detalles máis mínimos non escapan ao director nipón, en parte grazas ao seu arduo traballo de documentación e aos seus coñecementos en Belas Artes.

Neste caso, as adaptacións foron sublimes e fan xustiza ao brillante maxín shakesperiano. Podemos falar mesmo de traducións brillantes: atinxen senllas finalidades e esencias verbo das respectivas obras de partida.

Advertisements

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s