Conciencia en galego

A comezos do século XX era evidente que, após séculos e séculos de silencio nos estratos máis elevados da sociedade, o galego carecía de capacidade para responder ás novidades científicas e tecnolóxicas que chegaban ao seo da sociedade moderna. Foi por iso que se orixinou e callou un dos prexuízos máis perigosos para unha lingua en vías de normalización: a súa invalidez para se introducir nas esferas cultas.

Nos últimos anos, desde a exclusión do galego como lingua vehicular das materias de ciencias do ensino medio, celébrase anualmente o Día da Ciencia en Galego. Con esta xornada preténdese demostrar que é posible facer ciencia na lingua propia e, fóra diso, que debería ser factible estudar os elementos da táboa periódica ou as leis mendelianas na lingua de Rosalía.

ciencia_galego_2016

© Institución Galega de Ciencia

Contra o prexuízo da invalidez álzase o xenitista galego Ángel Carracedo, que expresou decote que «en Galicia, as miñas charlas divulgativas sempre as dou en galego, como é natural, e no Brasil e Portugal emprego o galego con algunha palabra de cortesía en portugués». Xa que logo, a linguaxe científica galega debería estar orientada cara á súa comuñón coa fala normalizada de alén do Miño, á procura de funcionalidade para os falantes.

Por outra parte, cómpre indicar que a tradución xoga un papel clave en todo este proceso de normalización e, evidentemente, na constitución dun galego científico xenuíno. O concepto deriva continental, por exemplo, é un daqueles que os especialistas identifican como «má tradución», visto que o equivalente real da denominación orixinal debería ser mobilidade continental; as evidences parecen recear dos indicios ou probas e as theories semellan esquecer os contextos en que sinalan, na lingua meta, hipóteses ou supostos.

En definitiva, un galego científico de calidade non é unha quimera: é un medio útil e eficaz de estarmos presentes na vangarda científica internacional sen renunciar ao noso e, máis alá diso, un dereito que temos de reivindicar. Ciencia, con conciencia, en galego.

Advertisements

Un comentario en “Conciencia en galego

  1. Pingback: Antropologia. Uma opinião sobre o idioma galego. Obrigada por compartilhar. | MariaLDario's Blog

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s