Ao son da lingua

Nunha produción audiovisual de calidade nada é prescindible e todo ten unha razón de ser. Fóra restricións de orzamento ou desleixamento (enténdase, tamén, ignorancia), un texto audiovisual coherente imprime, polos catro costados, información que a un especialista da sétima arte (e, evidentemente, a un tradutor de produtos audiovisuais) non lle pode fuxir. Todo é chave: desde a disposición dos planos á caracterización dos figurantes, pasando polos minuciosos decorados, a linguaxe non-verbal e, abofé, o guión stricto sensu.

Malia achegaren unha gran carga simbólica a unha obra destas características, as cancións pasan, habitualmente, desapercibidas na empresa da mediación interlingüística. O código musical pode considerarse máis (ou menos) relevante na trama dun produto audiovisual, isto é, pode definirse como intradiexético (se forma parte da propia historia) ou extradiexético (se é exterior a ela). Sexa cal for o caso, a posible tradución dos temas musicais —sempre que estes teñan letra— non pode pasar desapercibida durante o proceso.

trad-mus

Considerando un enfoque descritivo, o tratamento da música na tradución é moi variado, pois entran en xogo factores económicos ou mesmo de posesión dos dereitos de autor, alén dunha avaliación do tipo de público e das convencións do mercado. Polo xeral, a composición musical pode manterse inalterada, pode subtitularse, pode dobrase e ata pode substituírse por unha banda sonora (re)creada ad hoc. Talvez, os casos máis interesantes para un investigador en tradución sexan estes dous últimos.

Salvando as distancias, mesmo unha adaptación escarnededora podería concibirse como tradución musical, ou?

Hai quen recea da traducibilidade deste tipo de textos e presenta o debate tradución vs. adaptación. Máis alá de diverxencias teóricas, hai adaptacións moi boas por aí adiante (boísimas!) que en nada traizoan a intención orixinal do compositor/letrista e que son verdadeiras obras de arte da tradución musical. É este un proceso asaz complexo e eu agradezo e recoñezo a todos estes adaptadores a suor que lles produciu tal angueira. E isto é un alegato a prol do estudo da música e dunha lectura atenta desta durante o proceso de tradución, sen se entender isto como unha práctica prescrita e sistemática na tradución musical.

En definitiva, cada palabra da letra orixial, cada fraseo e cada unha das notas presentes non son froito do mero acaso: teñen un significado, teñen un porqué. Por iso, o mediador debe prestar especial atención ás partituras coas que topa no camiño pois estas, no conxunto do produto audiovisual, non son, nin moito menos, outro cantar.

Advertisements

Un comentario en “Ao son da lingua

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s