«Connecting wor(l)ds»

A Federación Internacional de Tradutores (FIT) propuxo no ano 1991, con moito atino, a creación do Día Internacional da Tradución para recoñecer e promover a profesión no plano internacional. A devandita federación propón, todos os anos, un lema para lle render homenaxe a todos os mediadores do planeta, e o que se ha poñer de manifesto no vindeiro 30 de setembro é «unir mundos» (connecting worlds).

Este emblema, desde logo, non responde a unha escolla arbitraria. O profesional da tradución é o punto en común, o nexo entre os diferentes mundos que se achan na nosa realidade cotiá: o mundo da medicina, o mundo das finanzas, o mundo artísitico, o mundo da bioloxía… O tradutor é a canle de comunicación que procura «unir mundos» a través da palabra… connecting worlds by words.

poster-fit_2016_final_a3-100dpi

© International Federation of Translators

Ao unir mundos, une persoas cuxa lingua carece de voz pois, sen a axuda dun actor que permita a intelixibilidade, o entendemento tórnase nunha quimera. Os tradutores e intépretes, quer na escrita, quer na oral, permiten que a sociedade abra os ollos, que vexa toda esa realidade que ten diante e que permanece ignota perante ela debido á existencia das fronteiras lingüístico-culturais.Eses mundos, unidos ao servizo do beneficio social, son os que reivindican a figura dun profesional formado e instruído na interculturalidade, hoxe máis necesaria ca nunca.

Os galegofalantes, alén disto, temos un motivo máis para iniciarmos o festexo: no curso 2016-2017 a titulación de Tradución e Interpretación celebra o seu 25º aniversario na nosa terra. E non é a única que ten que soprar as candeas: a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (AGPTI) festexa, no 2016, os 15 anos de camiño percorrido na defensa e colectivismo dos mediadores galegos.

Que xamais esmoreza o exercicio de falar na lingua dun paisano coas palabras de alén dos lindes! Parabéns, elos e vencellos dos mundos!

Advertisements

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s