A consideración social da dobraxe galega

Non é unha rareza que o público leigo ignore que é unha boa tradución. Nos máis dos casos, só o lector experimentado, aquel que conta cunha sensibilidade lingüística particular, é o que sabe apreciar e valorar os resultados vulgares daqueles que merecen un oco no andel de todo amante da lingua que se prece.

Visto que a lectura non é un dos praceres habituais dos vagares do público, este énchese con horas e horas de consumo de produción audiovisual. Isto deriva, evidentemente, nunha lectura pasiva e inconsciente de textos traducidos. E velaquí rompo unha lanza en favor dos tradutores deste tipo de produtos: mediar con texto falado, con texto oral —que se presupón espontáneo, natural, malia existiren excepcións— é moi complicado. A un férvenlle os miolos buscando a opción máis axeitada.

pulp-fiction

© Miramax Films

O exemplo que segue pertence á dobraxe galega de Pulp Fiction (1994). Por moi divertidas, rústicas ou primitivas que lles poidan parecer a certos ignorantes as palabras malsoantes en galego, estas constitúen o celme do idioma e, sendo así, deben ser de obrigado cumprimento nos textos traducidos en que queren usadas:

ORIXINAL

GALEGO

LANCE: Hello.

VINCENT: Lance! Vincent. I’m in big fuckin’ trouble, man. I’m coming to your house…

LANCE: Hold your horses, man. What’s the problem?

VINCENT: I got this chick, she’s fuckin’ O.D.in’ on me!

LANCE: Well, don’t bring her here! I’m not even joking with you! Do not be bringing some fucked-up pooh-bah to my house!

VINCENT: No choice.

LANCE: She’s O.D.in’?

VINCENT: She’s fuckin’ dyin’ on me, man!

LANCE: Diga?

VINCENT: Lance? Son Vincent! Teño un problema da hostia, tío. Vou para a túa casa!

LANCE: Para o carro, tío. Que problema é ese?

VINCENT: Estou cunha guicha que ten unha sobredose.

LANCE: Pois aquí non ma traias. E non che estou de carallada. Non me vaias meter unha criatura medio morta na casa.

VINCENT: Non teño opción.

LANCE: É unha sobredose?

VINCENT: Vaime morrer no coche, tío!

A tradución asinárona as profesionais Rosa Camiña e Eugenia Fernández, mentres que a dirección da dobraxe correu por conta de Antón Rubal. Obtiveron un resultado óptimo: a tradución non é nin máis xocosa ca o orixinal nin desbota os xiros oportunos e os matices irreverentes que imprime o guión de Tarantino. Ante isto, son os sabichóns pataqueiros con ínfulas de consagrados críticos da tradución, bailanacribas eles que din apreciar a dobraxe, os que máis mal lles fan á normalización e á consideración social da traductio, ao xulgaren, sen coñecemento de causa, un traballo sobresaliente.

Abonda de tópicos e desprezos, de animadversión contra o propio ser. As críticas sen fundamento neste eido, arbitrarias tanto á normativa como á fala máis popular, nacen da xenreira que se sente contra o noso. Estamos fartos do soporífero «a rañala, raparigo!» ou do mitificado «non comecemos a chuparnos a pirolas», pero, máis aínda, de artigos de escaso rigor xornalístico, tan lixados de incoherencias e enganos que nin a pena paga desmentir.

Non ten xeito sacar a relucir os escasos erros que figuran entre os acertos dos takes takes da dobraxe galega destes máis de 30 anos. Cómpre loitarmos contra esa sarta de prexuízos que bota a pacer a lingua dos trécolas e cómpre enchermos nós a boca de ilusión e orgullo para loitar contra o silencio da obra que é a dobraxe.

Advertisements

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s