O modelo de galego nas traducións

A castelanización progresiva do galego, coa conseguinte perda de formas propias, é un fenómeno evidente que calquera falante desta lingua pode corroborar. Ante iso, para recuperar os xiros autóctonos e as voces máis enxebres é necesario un compromiso que parta dos profesionais que traballan día a día co galego, co obxecto de combater o contrasenso de recoñecer como alleas as formas máis puras da lingua.

A tradución debe asumir un papel clave neste proceso de naturalización. A riqueza léxica do galego e as formas gramaticais tradicionais deben ser paradigmas dun modelo de lingua propio, noso. Por iso, cando nolo permitan o contexto e o texto orixinal, ao que nos debemos, e facendo uso do sentido común, podemos tirar desa parte da lingua que se encontra de canga baixa. Esa parte, que moitos identifican como «inventada» ou «artificial» non deixa de ser galego xenuíno: a forma tomara (‘oxalá’), o pronome interrogativo el, o adverbio u

palabras

Evidentemente, non se trata de abusar desas formas en detrimento dos seus posibles sinónimos. A estratexia de fuxir das palabras coincidentes co castelán non axuda a construír textos máis galegos pois, de feito, só dexenera nun modelo de lingua artificial, exótico e irrecoñecible coa fala real. Tampouco se trata de abusar desas voces concordantes co español, claro, máis estando vivos certos vocábulos que gozan de mellor saúde por baixo do Miño —a corta feira, o leite magro ou o verbo achar—, pois carece de sentido recear do seu uso.

O galego normativo non é unha cancela pechada: dá para moito se se ten conciencia, coñecemento e contacto coa fala popular. Nós, ao transmitirmos ese modelo de lingua estándar, debemos ser conscientes da importancia de as boas traducións asentárense nun modelo fiel e real de fala. O problema do estándar é ese, que moitos dos seus difusores non fixeron por achegarse á lingua real por desleixamento ou ignorancia, e non unha desinencia verbal prescrita ou unha variante dialectal que se encontra tras da isoglosa que nos separa desa variación.

libros-cdc

© Alicia Martín

Pois cómpre insistir no concepto de que a tradución non deixa de ser un exercicio de introspección na lingua propia: partir da idiosincrasia foránea para chegarmos a nosoutros. Isto é, a boa tradución será aquela que dea cun modelo real da lingua meta, non só de maneira superficial, senón que atine na propia fondura da súa esencia e pase pola peneira todo aquel compoñente espurio.

Advertisements

2 comentarios en “O modelo de galego nas traducións

  1. Preciosa defensa de tu propia lengua, Manuel, hecha desde el cariño y desde el sentido común. Coincido contigo en que las (buenas) traducciones tendrían que profundizar en la riqueza del idioma al que se traduce sin volverlo artificial (‘nadie habla así’) o excesivamente dialectal (‘sólo unos pocos hablan así’). Cada vez estoy más convencido de que una buena traducción pasa por el conocimiento exhaustivo (en la medida de lo posible ya que es un objetivo inabarcable) de la propia lengua. 🙂

    Liked by 1 person

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s