Manga ancha para o galego

A literatura traducida ao galego experimentou, des que naceu, momentos de altos e baixos. Así, por exemplo, mentres a novela Diario de inverno (Winter Journal) de Paul Auster saía publicada en galego seis meses antes ca a versión orixinal en inglés, aínda é hoxe o día en que non contamos cun libro traducido de Raymond Carver ou coa mediación á lingua de Rosalía do célebre Anna Karenina (Анна Каренина).

Unha desas grandes eivas é contar, apenas, con banda deseñada en galego. Se ben foron editadas obras como Astérix ou Tintín —que non é pouco—, non podemos achegarnos á cultura xaponesa do manga tomando como partida a lingua galega. E é que hogano soamente atopamos nas librarías un manga publicado en galego: Bícame profe (no orixinal Kusatta Kyoushi No Houteishiki). 

bicameprofe

© Edicións Do Cumio

Bícame, profe, de Kazuma Kodaka, céntrase no personaxe de Atsuhi-kun, que está namorado do seu amigo Maa-chan. O seu obxectivo é matricularse no mesmo instituto ca el para estar ao seu carón durante o tempo que llelo permita o ensino medio. Publicada por Edicións do Cumio, foi traducida por María do Carme Pampín Otero desde o español e, lonxe de se publicar a obra completa, só viron a luz en galego 4 dos 10 volumes que conforman a historia total.

A obra, de temática yaoi (relacións homosexuais entre dous homes), non gozou de grande éxito na nosa terra. Talvez outros traballos serían máis atinados, sobre todo aquelas versións mangas de produtos que xa falaron galego na animación que ofreceu a TVG, isto é, Dragon Ball, Sailor Moon, One Piece, O detective Conan, O doutor Slump e Arale… Así, habíase conseguir un maior achegamento cos lectores potenciais, como sucede no caso catalán, onde se editan series como Bola de drac, Detectiu Conan, Doraemon, el gat còsmic ou Shin-chan.

mangas

© Crunchyroll

Contamos con tradutores especializados nas combinacións xaponés-galego que, desde logo, habían ofrecer perspectivas ben interesantes na mediación entre ambas culturas: o tratamento dos honoríficos, das interxeccións, das romanizacións dos nomes propios, dos idiolectos dos personaxes… En definitiva, habiamos darlle manga ancha ao galego nun ámbito en que carece, precisamente, de mangas.

Advertisements

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s