A tradución e a perda de identidade

Nos países hispanoamericanos, as empresas do sector audiovisual crearon no século pasado, co obxecto de gozaren da maior rendibilidade económica posible, a variedade ficticia e artificial do español coñecida como español neutro. Este alérxeno é altamente prexudicial para a lingua que tan laboriosamente cultivaron Gabriel García Márquez, Jorge Luis Borges ou Elena Poniatowska. O virtuosismo das súas letras contrasta co empobrecemento que xeran as traducións ao español neutro na sintaxe e no léxico dese idioma.

A tradutora María Alonso Seisdedos xa formulaba, no seu blog, a pregunta «que raio é o español neutro?». A escasa calidade lingüística das traducións ao español neutro depaupera a lingua dos falantes e, xa que logo, limita a súa comunicación, pois estas traducións, á parte de reduciren as opcións léxicas do castelán —emprégase sempre o termo que máis se asemelle en forma ao inglés—, utilizan voces foráneas (calcos) para expresar realidades que contan con palabras propias.

ccavn

© CBS

How I Met Your Mother foi unha das series de moda da última década. Acumulou 208 episodios divididos en 9 temporadas e traduciuse, para o público hispanoamericano, como Cómo conocí a tu madre. Dobrouse no estudio Grupo Vídeo Digital (México). Alén de ser unha tradución que, nalgúns puntos, censura ou suaviza partes do guión, está ateigada de falsos cognados e de calcos semánticos e sintácticos. A continuación, inclúense exemplos do episodio 1 da serie (Pilot), acompañados dunha proposta de tradución ao galego:

ORIXINAL

ESPAÑOL NEUTRO

GALEGO (PROPOSTA)

Marshall, my best friend from college.

Marshall, mi mejor amigo del colegio.

Marshall, o meu mellor amigo da Universidade.

And you have sex on the kitchen floor… Don’t have sex on our kitchen floor.

¡Y tendrán sexo en el suelo de la cocina! ¡No tengan sexo en la cocina!

E botades un canivete na cociña. Non botedes un canivete na cociña!

Your Uncle Marshall was taking the biggest step of his life.

El tío Marshall tomaría el mayor paso de su vida.

O tío Marshall ía dar o meirande paso da súa vida.

Marshall was in his second year of law school.

Marshall estaba en el segundo año estudiando Leyes.

Marshall estaba facendo un mestrado en avogacía.

A perfect balance.

Perfecto balance.

Un equilibrio perfecto.

The moment wasn’t right.

El momento no era correcto.

Non era o momento.

No, you just kiss her.

¡No, solo la besas!

Non, bícala e punto.

On our first date, I ordered a Greek salad.

En la primera cita, ordené una ensalada griega.

Na nosa primeira cita, eu pedín unha ensalada.

Por todo iso, a tradución non é só unha ponte entre culturas necesaria para salvar incomprensións interlingüísticas. A tradución é, sobre todo, unha vía para combater a perda da identidade cultural e, ante iso, entra en xogo a sensibilidade dos profesionais da tradución. Ende mal, estas traducións pésimas ao español neutro supoñen unha «subordinación invisible» á hexemónica lingua inglesa, pois aínda que se percibe entre o texto orixinal e a tradución un cambio de código, este non deixa de ser meramente superficial. Un proceso de tradución non pode esquecer a estrutura interna e a expresividade xenuína e auténtica da lingua meta.

E para conseguir iso, xaora, cómpre posuír unha formación lingüística e humanística de primeiro nivel. Ser tradutor non só require coñecer dúas linguas, pois a propia actividade da tradución é un proceso arduo que quere unha formación persistente. Só aquelas persoas que perciban as diferenzas interlingüísticas, alén das diverxencias estritamente formais, poderán desempeñar un labor de tradución satisfactorio que impida o derrubamento da multiculturalidade e do tan noso prezado patrimonio lingüístico.

Advertisements

4 comentarios en “A tradución e a perda de identidade

  1. Completamente de acuerdo con tu opinión, Manuel. Siempre he pensado (y entiendo que tú vas en esa misma línea) que lo importante a la hora de traducir es CÓMO LO DIRÍAMOS en la lengua meta si tuviéramos que expresarlo espontáneamente en dicha lengua (español o gallego, pongamos por caso). Muy buena reflexión.

    Liked by 1 person

  2. Pingback: O paradoxo do tradutor | DERRUBANDO ISOGLOSAS

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s