Xogo de tronos e palabras

Nas últimas semanas, as redes sociais presenciaron o tórrido debate ao redor da tradución do xogo de palabras Hold the Door/Hodor que figuraba no episodio 55 da serie Game of Thrones. Nos círculos de tradutores presentáronse múltiples propostas de traducion: suxeitar, termar, aguantar, porta, portón, corredor… Mesmo moitos profesionais aseguraban que era imposible verter o significado orixinal no texto meta.

É evidente que esta non é a única dificultade de tradución presente na historia dos textos audiovisuais, mais endexamais un atranco destas características gozara de tanta expectación social. De feito, o xogo de palabras é moito máis común do que parece e, normalmente, resólvese de maneira satisfactoria no proceso interlingüístico.

intouchables

© Gaumont

Na película francesa Intocable (Intouchables), traducida por Rosa Moledo ao galego, preséntase un xogo de palabras entre o pintor romántico Francisco de Goya e a cantante francesa Chantal Goya. Un dos álbums desta última titulouse Pandi-Panda —publicado no ano 1984— e, segundo un dos personaxes, a artista non fixo grande chose desde aquela.

Visto que esta cantante non é tan coñecida entre o público galego, decidiuse mudar o xogo de palabras entre pintor-cantante pola brincadeira que se crea entre pintor-premio, é dicir, o texto traducido fai referencia aos premios Goya do cine, coñecidos en Galiza. Desta maneira, a finalidade que se induce do texto orixinal —a situación cómica— permanece na tradución:

ORIXINAL TRADUCIÓN GALEGA

TRAVAILLEUSE : Ah, oui ! J’aime bien Goya.

DRISS : Ah, c’est pas mal. Mais depuis « Pandi Panda » elle n’a pas fait grande chose, quand même.

TRABALLADORA: Si. Gústame Goya.

DRISS: Ah, non está mal. Pero á parte dos premios de cine, tampouco fixo moita cousa.

austin_powers

© New Line Cinema

A película Austin Powers: a espía que me achouchou (Austin Powers: The Spy Who Shagged Me) está repleta de xogos de palabras e de equívocos sexuais. Un dos máis complicados de traducir é a escena en que se coñecen o protagonista do filme, Austin, e mais a modelo rusa Ivana Humpalot. O nome desta última en inglés pode lerse como «I wanna hump a lot» —que se podería traducir como «quero fochicar moito»—. A tradutora María Alonso presentou esta solución para o galego:

ORIXINAL TRADUCIÓN GALEGA
AUSTIN: And who are you, baby?

MODEL: Ivana. Ivana Humpalot.

AUSTIN: Excuse me?

IVANA: Ivana Humpalot.

AUSTIN: And I vanna toilet made of solid gold but it’s just not in the cards, now is it?

AUSTIN: E ti quen es, nena?

MODELO: María. María Unpallote.

AUSTIN: Como dis?

IVANA: María Unpallote.

AUSTIN: E eu amaría cagar nun váter de ouro, pero agora non toca, ou si?

Como se pode apreciar, dar cunha boa solución é cuestión de enxeño e paciencia. Ante este tipo de dificultades, traducir supón abrir unha porta e pechar un portelo, porque non queda máis remedio que sacrificar algún matiz do texto orixinal. E de portas para dentro, os tradutores chufámonos de termos a sorte de desempeñar un dos oficios máis fermosos e importantes do mundo.

Advertisements

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s