A tradución do WhatsApp

No noso día a día, convivimos con centos de produtos que proveñen de realidades alleas e son resultado do contacto entre culturas. Dalgunhas destas orixes foráneas somos conscientes, pois é evidente que eses tales produtos sufriron un proceso de tradución ou adaptación cultural. Mais tamén estamos rodeados doutras imaxes cotiás alleas que nos pasan desapercibidas.

Velaí o caso das emoticonas da aplicación de mensaxaría instantánea WhatsApp. Usámolas todos os días ao lles escribir aos amigos e á familia. Mais, cantos de nós reparamos algunha vez en que moitas destas imaxes pertencen á cultura nipoa? É talvez a nosa familiaridade coa cultura do sol nacente a que difumina este exotismo?

Alén dos moitos kanjis que nos permite escribir o noso Whatsapp, tamén se pode percibir un gran número de imaxes que encerran cultura xaponesa nos seus trazos:

mascara

© WhatsApp Inc.

mascara-conan

© TMS Entertainment

caca

© WhatsApp Inc.

slump-caca

© Toei Animation


cerdeira

© WhatsApp Inc.

 

cerdeiras-doraemon

© TV Asahi

 

dragon

© WhatsApp Inc.

 

dragon-dragon

© Toei Animation

 

fuji

© WhatsApp Inc.

 

fuji-conan

© TMS Entertainment

 

patacas-doces

© WhatsApp Inc.

 

shin-chan-patacas

© TV Asahi

 

ramen

© WhatsApp Inc.

 

fideos-shinchan

© TV Asahi

 

pastel-de-amorodos

© WhatsApp Inc.

 

shin-chan-amorodos

© TV Asahi

 

tanabata

© WhatsApp Inc.

 

conan-tanabta

© TMS Entertainment

 

hina-matsuri

© WhatsApp Inc.

 

shin-chan-festa-das-nenas

© TV Asahi

A máscara dos arrefriados é moi común no Xapón para a xente que colle un constipado, pois con ela preténdese evitar o contaxio. A montaña de caca é unha escatolóxica representación ben coñecida polos fans de, por exemplo, o Doutor Slump e Arale. As flores da cerdeira representan a festa en que as familias e amizades do Xapón se xuntan para contemplaren as cerdeiras en flor. En relación co dragon pouco se pode dicir, pois calquera seguidor da serie As bólas máxicas asocia esta imaxe coa do dragón protagonista. E o monte Fuji é a montaña máis famosa do Xapón, presente en moitas pinturas e fotografías turísticas.

As patacas doces son uns tubérculos que triunfan entre os consumidores xaponeses, mentres que o ramen son uns fideos típicos da cociña xaponesa, que se adecúan a todos os petos e son moi contundentes. O pastel de amorodos é típico nas mesas das celebracións do Nadal no Xapón. O tanabata é a festa das estrelas que celebra o encontro de Vega e Altair e no hina matsuri (Día das nenas xaponés) é tradición colocar nas casas un altar con bonecas.

Paratraducir estas imaxes, adaptalas á cultura receptora, había supoñer un custo demasiado elevado. Cumpriría adaptar todos estes elementos a todas as culturas, polo que na versión galega, por exemplo, deberiamos esperar unha representación da catedral de Compostela, unha vieira ou unha meiga, como mínimo, non? Traducir non se reduce á mediación lingüística, senón que atangue, tamén, ao transvasamento doutros códigos como o visual. Porque xa se sabe: vale máis unha imaxe que mil palabras.


Para máis información, pódese consultar esta ligazón, que recolle máis exemplos de emoticonas con explicacións máis exhaustivas do seu significadohttp://japonismo.com/blog/significado-emoji-japoneses

Advertisements

4 comentarios en “A tradución do WhatsApp

  1. ¡Excelente artículo, Manuel! ¡Muy interesante! 😀 Es curioso cómo en ese trasvase de imágenes se pierde (o enmascara) muchas veces la referencia de la cultura de origen y pueden, incluso, pasar a significar otra cosa. Nuestra visión eurocentrista (o, más ampliamente, “occidental”) se ha parado a considerar lo “políticamente correcto” (manos y rostros que muestran la diversidad racial; muñecos que tienen en cuenta la diversidad sexual) pero está claro que aún queda mucho campo por explorar… y adaptar llegado el caso.

    Liked by 1 person

  2. Pingback: Traducir para a pantalla | DERRUBANDO ISOGLOSAS

  3. Pingback: Traducir entre pantallas | DERRUBANDO ISOGLOSAS

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s