Grazas, colegas tradutores

De primeiras, pódese dicir da tradución que non é unha ciencia exacta. Nun texto, cada tradutor pode presentar os seus resultados propios, tan válidos uns coma outros, sen prexuízo de que existan tamén solucións incorrectas. Talvez sexa esta inexactitude a que determine a valoración social da tradución como unha das súas maiores quimeras, mais todo amante deste nobre oficio ha loitar sempre por o dignificar. Porque este é un labor colectivo, con infinitas partes implicadas, milleiros de profesionais e ducias de especializacións.

E como se reflicte esta heteroxeneidade nunha aula de tradución? Os alumnos temos perfís moi diferentes, gustos diverxentes e metas distintas. Por iso, no momento de corrixir as encargas de tradución, facelo en común axúdanos a comparar solucións. Agradezo enormemente aprender dos acertos e dos erros dos compañeiros e agradezo que eles tamén aprendesen das miñas fortunas e desatinos.

fft

© Universidade de Vigo

E desde o plano léxico, sen ir máis lonxe, esta variabilidade supón unha vantaxe no caso dunha lingua tan rica como o galego. Non é nin ha ser a primeira vez que descubrimos na clase unha expresión ou palabra nova que nos remite á procedencia de cada un dos compañeiros, isto é, que nos fai viaxar, por exemplo, a Lalín, Vimianzo, A Guarda ou Friol. Porque a tradución, alén de achegarnos linguas e culturas alleas, tamén é un exercicio de introspección na lingua propia, na fala de noso e na riqueza da bagaxe idiomática do galego.

Parece que o colectivismo e a lealdade son o único horizonte posible na carta náutica da tradución. Se queremos trazar un ronsel, cómpre facelo en conxunto, considerando os nosos puntos fortes e febles. A nosa profesión liberal é tan digna como outra calquera, e malia a súa invisibilidade, estamos presentes nos teus textos do móbil ou nese libro de texto de Coñecemento do medio que che axudou a formarte, sen esquecer a túa película favorita ou ese visado que necesitaches para vivires no estranxeiro.

Coa Facultade de Filoloxía e Tradución como corazón deste fervedoiro laboral, en definitiva, dou grazas polo moito que me aprenderon os meus compañeiros e outros profesionais da tradución, colegas todos no presente e no futuro, durante os meus anos de formación. Non deixemos nunca de camiñar unidos, de emprendermos, como dixo George Steiner, «esa viaxe por un país estranxeiro que é traducir».

Advertisements

2 comentarios en “Grazas, colegas tradutores

  1. Precioso texto, Manuel, y muy atinado. Me ha gustado especialmente eso que comentas de que la traducción supone también un ejercicio de introspección en la lengua materna. Yo pienso igual. E iría más lejos: a mi entender, un buen traductor es que aquel que domina (en la medida en que eso es posible, ya que puede verse como proyecto de toda una vida) la lengua A LA QUE TRADUCE, que suele ser la propia. Y qué duda cabe, además, de que el intercambio favorece y abona cualquier traducción por cuanto nunca estamos libres de errores o malentendidos.

    Liked by 1 person

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s