Audiovisual con idioma de seu

Co nacemento das canles autonómicas, comezou tamén a traducirse material audiovisual ás linguas propias destas televisións. Desde eses arredados oitenta, parece que moito se leva avanzado na normalización da lingua, polo menos neste ámbito, onde unha produción pode ter o mesmo (ou máis) éxito en galego, catalán e vasco ca en castelán.

Destas consideracións sempre adoitamos esquecer dúas realidades lingüísticas que tamén gozan (ou gozaron) de traducións á súa propia lingua: o asturiano e o aranés. Ao non seren linguas oficiais de facto no Estado español, non gozaron do recoñecemento que cumpriría esperar, mais si se impulsaron plans de normalización arriscados e valentes.

Para a RTPA, Gonzali Producciones e Vacaloria foron os dous estudios que máis traballaron en asturiano. Dobráronse series e filmes para esta canle e, en xeral, con bos resultados de audiencia. Aínda que para nós é algo normal prender o televisor e escoitar falar en galego, non se dá o mesmo caso en Asturias coa súa lingua propia. Ata o de agora, estas son as producións que se dobraron ao asturiano:

FORMATO

TÍTULO

ANO DOBRAXE

SERIE TV

El faru d’Iyán (40 episodios)

2002

FILME

Los viaxes de Gulliver

2010

FILME

El tercer home

2011

FILME

McLintock

2011

FILME

Popeye y les 1001 nueches

2011

FILME

La nueche de los muertos vivientes

2012

FILME

El rostru impenetrable

2013

SERIE TV

Les aventures de Superman (9 episodios)

2014

FILME

Harry el suciu

2014

SERIE TV

Los Bolechas (24 episodios)

2014

FILME

Greystock, la lleenda de Tarzán

2014

Pelayu Valduvieco foi o tradutor ao asturiano da serie Os Bolechas e el mesmo conta, nunha entrevista, que traducir un episodio da serie ao asturiano e que quede xeitoso ocúpalle unha media de nove horas diarias. A sensibilidade lingüística e o coñecemento dun idioma en vías de normalización tórnanse unhas das cualidades vitais que debe posuír o tradutor, e que nos recorda aos comezos da dobraxe en galego.

Pola súa parte, TV3 sempre tivo moito respecto pola variedade aranesa da lingua occitana que se fala no territorio catalán, e proba diso foron as dobraxes que se fixeron e as desconexións territoriais en lingua aranesa que se impulsaron para o pobo do Val d’Aran. Posiblemente, unha das facilidades que impulsou esta actividade foi o feito de a lingua aranesa contar con oficialidade en todo o territorio catalán. Aínda que hogano a dobraxe en aranés xa non sexa unha realidade, si que tivo moita relevancia nos anos 2006 e 2007, como se pode apreciar na seguinte táboa:

FORMATO

TÍTULO

ANO DOBRAXE

SERIE TV

Era Lua e eth mon (65 episodios)

2003

PROGRAMA

A ritme d’Estatut

2004

DOCUMENTAL

Viatgèrs (24 capítulos)

2005

DOCUMENTAL

30 minuts: Er amic american

2006

DOCUMENTAL

30 minuts: Franco visite Catalonha

2006

DOCUMENTAL

Es Pirenèus des der aire (6 capítulos)

2006

SERIE TV

Ua man de condes (80 episodios)

2007

SERIE TV

Es tres bessoes (3 episodios)

2007

A implicación de TV3 co aranés é admirable, se consideramos a escaseza orzamentaria e a falta de medios humanos. Televisió de Catalunya fixo moito máis pola lingua aranesa (ergo, occitana) con 2.756 falantes que o propio goberno francés por 110.000 que se contan segundo Ethnologue (aínda que hai fontes que censan varios millóns).

En definitiva: a tradución audiovisual funciona como ferramenta normalizadora de realidades lingüísticas minorizadas. Darlles voz a estes idiomas é o primeiro paso para coñecer a súa existencia, alén das isoglosas que os delimitan, e estimalos. Derrubemos prexuízos e coñezamos as nosas falas máis próximas: palabra a palabra, taketake.


Para información académica, pódese consultar o artigo do profesor Xoán Montero La traducción pal doblaxe n’asturianu. Un estudiu de casu.

Advertisements

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s