A tradución de cancións con sentido discorde

Como xa se indicou en artigos anteriores, o tradutor pode recibir a encarga de mediar coa letra dunha canción, e se ademais conta con aptitudes musicais, de adaptala. A tradución e adaptación de cancións non é nada nada fácil e se o profesional carece de aptitudes musicais acabará por detestar a tal angueira e, por conseguinte, o resultado destacará pola súa pobreza.

Coa tradución do solfexo trasladamos, como en calquera outra modalidade de tradución, o significado dun texto nunha lingua orixe a unha lingua meta. Pero claro, as culturas que se translocen tras da canción en cuestión denotan cadansúas peculiaridades ideolóxicas. Velaí o tan delicado caso das composicións que connotan trazos sexistas. Ben sabemos todos que moita da música que se sente por aí hoxe en día dista de posuír calidade literaria, mais por se iso non fose suficiente, tamén transmite un pensamento contrario ao da igualdade de xénero (escuso citar exemplos actuais de reggaeton).

Pois ben, o problema que nos atangue xurdiu ao se recibir a tradución literal da letra orixinal da canción de apertura da serie Kiteretsu, o primo listo de Nobita (Kiteretsu Daihyakka), que realizou DARUMA (XAP>ESP; a versión galega naceu a partir da castelá). No orixinal, esta canción que está dirixida ao público infantil contén sentenzas como «o amor (…) fai que as rapazas estean máis guapas» ou «disposta a provocarte abaneo as cadeiras», afirmacións que aquí en Occidente non deberiamos tolerar.

Por iso, como explica Francisco Carballés, ex-director do Xabarín Club, para realizar a versión galega remitíuselle a letra ao cantante Manolo Romón co obxectivo de que este argallase unha adaptación en que desaparecesen este tipo de referencias sexistas. Alén diso, tamén mudou o ritmo da canción orixinal, mais ignórase o porqué desta alteración na partitura. A comparativa entre a letra xaponesa e a galega pode apreciarse aquí embaixo:

TRADUCIÓN DO XAPONÉS (DARUMA)

VERSIÓN EN GALEGO (Manolo Romón)

O amor, a forza que fai arder o corazón.

Fai que as rapazas estean máis guapas.

E eu, non vou ser menos, estou namorada.

Fixéchesme voar deica as estrelas.

Disposta a provocarte abaneo as cadeiras.

E preguntas se teño febre?!

Hai que ver!

Desde logo, non te podo nin ver.

Ti non sabes comprender unha muller.

Eu, se segues así, contigo non caso!

Kiteretsu, es un rapaz peculiar!

Os homes son un misterio para descifrar!

Soños imposibles, porque só sabes… soñar.

Kiteretsu, es un rapaz peculiar!

Os homes son un misterio para descifrar!

Soños imposibles, porque só sabes… soñar.

O amor é o que fai vira-lo mundo.

Mírome no espello, e quen vexo? Só a ti.

Por se non o sabes ando namorada.

Chamo como sexa a túa atención.

Fago a estatua sen mover sequera un pé

e pensas que estou tola porque bailo sen parar

un rock and roll, xunto a ti.

Ti non sabes comprender unha muller.

A este paso nin de vella vou casar!

Kiteretsu está a voar: sempre foi un soñador.

Ti non sabes comprender unha muller.

A este paso nin de vella vou casar!

Kiteretsu está a voar porque o que lle vai é soñar.

Ti non sabes comprender unha muller.

A este paso nin de vella vou casar!

Kiteretsu está a voar porque o que lle vai é soñar.

O resultado é discutible, e para algúns mesmo o pode ser a moderación da letra orixinal, que se podería alegar como unha traizón á lingua de partida. Na versión castelá cortouse máis ou menos polo mesmo patrón, mais non nas traducións catalá e valenciana, que respectan o sentido orixinal. Por certo, na versión en éuscaro si se alterou o ritmo orixinal, pero descoñezo se se fixo o propio co sentido da letra.

kiteretsu

© Fuji Television

En definitiva: a tradución implica alterar ou respectar as connotacións culturais que os textos posúen, máis talvez no caso das cancións, sendo que a letra e mais a melodía han permanecer, de certo, no maxín desta nosa tan discorde sociedade.

P. S.: A tradución do título da serie en galego incorpora, por cuestións publicitarias, o subtítulo «o primo listo de Nobita». Na versión orixinal, os lazos familiares que vencellan a Kiteretsu e Nobita son inexistentes salvo, claro, se consideremos que comparten autoría (Fujiko Fujio).

Advertisements

5 comentarios en “A tradución de cancións con sentido discorde

  1. Muy interesante lo que comentas, Manuel. En este caso (y estoy de acuerdo contigo) justificas la alteración de la letra original teniendo en cuenta la idiosincrasia de la cultura de la lengua meta y del público a la que va dirigida. Cabe preguntarse, de todas maneras, si tiene que ser siempre así. ¿Hasta qué punto el traductor debe dejar de ser un intermediario para convertirse en, digamos, “censor”? Claro que, en este tipo de decisiones, no sólo media el traductor. Lo que sí me parece que no es justificable es que no se respetase el fraseo original a pesar de los cambios…

    Liked by 1 person

      • Aunque no me atrevo a afirmarlo con rotundidad (porque podría haber casos que me contradijeran), el traductor, como tal, como debería verse en esta tesitura de juzgar lo que traduce y adulterar el mensaje original (al fin y al cabo, eso es lo que acaba haciendo un censor). Otra cosa son las decisiones que puedan llegar a tomar agentes externos: editor, distribuidor… Y aquí el traductor sí que se vería atado de pies y manos.

        Liked by 1 person

    • A verdade é que o meu coñecemento do mundo profesional é moi reducido, mais cónstame que existen casos (como este, vaia) en que o tradutor se ve obrigado a alterar ese contido orixinal segundo a encomenda de tradución. Por unha parte iso garante que se manteña a calidade lingüística, claro, pero por outra o nome do profesional da tradución vese ennegrecido ao participar nesa cuestionable operación de censura. Grazas polo comentario!

      Liked by 1 person

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s