Onde prestan tanto esas cervexas?

Fuxindo de promover o consumo de alcol ou facer propaganda barateira dunha marca de cervexa, o obxecto deste artigo é amosar a estreita unión que existe entre a tradución e a publicidade. As máis das campañas publicitarias son moi orixinais xa que buscan, sen lugar a dúbidas, prender a atención do público ao que van dirixidas. E, se estas teñen éxito, probablemente se requiran os servizos dun profesional da tradución que consiga espallar a sona do produto anunciado nunha cultura diferente.

Entre as múltiples estratexias de tradución posibles está a adaptación, que procura achegar un referente cultural dunha cultura orixe a unha cultura meta. Mais, que ocorre se este referente cultural é un topónimo co que o público se deba sentir identificado? Pois, xaora, hai que traducilo para conseguir o mesmo efecto en todos os receptores, sexan de onde sexan. E niso consiste a campaña de Mahou Sin.

20151204_221742

© MAHOU S.A.

20151206_150250

© MAHOU S.A.

Polo tanto, segundo o lugar en que nos encontremos, recibiremos informacións distintas, mais non contraditorias, claro. A Mahou Sin presta moito en Compostela, pero tamén en Pontevedra e, de seguro, noutros recantos do país. O destinatario queda aprehendido dese topónimo rechamangueiro, que se encontra inserido nun texto en que non é habitual a súa presenza, talvez alleo, que non lle corresponde. O grao de localización desta publicidade é inmenso, o que nos había permitir preguntarnos: ata que punto pode chegar a adaptabilidade no campo da tradución? O linde mesmo podería estar demarcado polo noso propio idiolecto.

Mais tamén se traduciu o paratexto. A imaxe muda segundo o lugar en que nos encontremos: as persoas son diferentes e o fondo adáptase ao sitio que se pon de relevo no texto. Así, o grupo de amigos pontevedrés non é o mesmo ca o compostelán nin tampouco a súa contorna. Os primeiros parecen estar nos arredores do convento de San Francisco e, os segundos, nas inmediacións da rúa do Franco ou na praza do Toural.

Sendo que se realizou un labor de localización, tamén se puido encargar unha tradución do texto ao galego, para inserirse de cheo na cultura meta. O orzamento da empresa cervexeira non se había incrementar porque a tradución do texto non supón un custo engadido (visto que a localización textual e a adaptación icónica foron posibles). Quizabes, que os responsables de Mahou non fagan coñecer a súa marca en galego é sinónimo da anormalidade lingüística que atravesa o noso país. Pero mesmo a rareza de usar a lingua de Rosalía nunha campaña publicitaria podería aproveitarse como aliciente para chamar a atención do receptor e garantir o éxito e a sona do produto.

A conclusión de todo isto é que o sabor desta cervexa non debe de ser mao en ningures, malia que a arrincadeira, por desgraza, non se poida gozar en lingua propia.

Advertisements

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s