Singradura lingüístico-musical

A música é unha linguaxe universal que todos os pobos entenden, malia desenvolveren cadanseus estilos propios. As notas e os ritmos son comprensibles para todos, aínda para a persoa máis ignorante das mínimas nocións de solfexo. Pero as letras, que son unha parte fundamental en toda canción que se prece, requiren someterse ao fermoso proceso da tradución musical.

O defunto Nelson Mandela dixo unha vez: «se lle falas a alguén nunha lingua que coñeza, chégaslle á cabeza; se lle falas na súa lingua, chégaslle ao corazón». E, talvez, cumpra aplicar con máis vigor esta verdade universal no caso da música. Este experimento que propoño a continuación non é algo ignoto no mundo da Tradución. Trátase de comprobar como unha canción que se compuxo orixinalmente nunha lingua orixinal sofre un proceso de mediación e adaptación a cada cultura meta que a recibe. É dicir, combínase a maxia das linguas -o exotismo?-, coa música e a propia tradución.

Esta é a canción Believe (Cre) do grupo nipón Folder5 que presentou a serie de animación One Piece desde o seu episodio 48 ata o capítulo 114. A continuación, inclúese a letra nas correspondentes versións en lingua galega, en éuscaro e en catalán. Os tradutores destas versións seguiron unhas pautas específicas, condicionadas talvez pola versión orixinal da que dispuñan e pola facilidade da lingua meta para se adaptar aos ritmos do xaponés. As bandas sonoras, iso si, non mudan en ningunha das versións, isto é, non se regravaron as pistas para axeitalas ao ritmo das linguas, senón que estas se adaptaron ao fraseo nipón.

XAPONÉS

TRADUCIÓN AO INGLÉS

mirai dake shinjiteru

dareka ga warattemo kamawanai

hashitteru jounetsu ga

anata o KIRAmekaseru

mabushi sugi demo,

mitsumete itai

dokka “bigaku”

kanjiteru

I’m really really stuck on you

dare ni mo nitenai

yume no senaka o

oikakete oikaketeku

DORAMATIKKU te ni ireru made

Believe in Wonderland!

dare ni mo mienai

yume no KATACHI o

tsukamaete tsukamaeteku

watashi wa tsuite yuku kara

atsui KIMOCHI

TSUJITSUMA awase betsu ni iranai

arifureta nichijou yori mo

PARADAISU mezashite hashire

Believe in Wonderland!

I’ll keep believing in the future,

not caring if anyone laughs at me

The passion running within you

makes you shine

It’s too dazzling,

but I want to keep watching you

Somehow, sensing those

aesthetics makes me

I’m really really stuck on you

Chasing, chasing after

the one in my dreams

That is like no one else

Until we achieve that,

Believe in Wonderland!

Holding on, we keep holding on

To a dream that

no one else can see

Because I’m with you,

we have such hot feelings

We don’t really need consistency

Instead of a mundane routine,

Run towards paradise and

Believe in Wonderland!

Des que lembro no futuro eu crin

tanto me ten se hai xente que se burla de min.

E esa luz que che sae da paixón

atrápame coma un imán ó teu carón.

Guíame se a vexo,

é o meu único desexo.

É unha forza tal,

a que me atrae,

que nunca sentín nada igual.

GALEGO

Esta singradura parte da versión en galego da canción, que asina María Alonso e foi interpretada no estudio de dobraxe SODINOR S.A. Como se pode comprobar, (re)creáronse varias rimas e encaixouse a letra galega ao ritmo orixinal. O resultado é digno de loar.


Aro berri bat

etorkizunari begira.

Marra Handian ezkutatzen da bai

Gold Roger pirata kapitainaren

altxor ezkutua.

Guztiok elkarrekin

arriskuei aurre egin.

ÉUSCARO

Debido á distancia interlingüística, esta tradución é a que nos pode resultar máis inintelixible aos galegofalantes. Este anaco da versión éuscara reza algo semellante a: 

Unha nova era / que mira cara ao futuro. / Agóchase na Gran Ruta, / do capitán pirata Gold Roger, / o seu escondido tesouro. / Todos xuntos / afrontamos os perigos.

A serie dobrouse en Irusoin (Mixer Donosti) e a canción interpretárona Miren Aranburu e Loinaz Jauregi. Pódese concluír que a letra non se corresponde apenas co significado orixinal. E preguntámonos cal é o factor que ocasiona esta diferenciación. Posiblemente os tradutores non contaron cun texto orixinal -ou achegado a este- sobre o que poder traballar e encomendáronlles a empresa de inventaren unha letra nova (creación discursiva). O resultado pode escoitarse aquí.

Tots junts haurem de lluitar amb força, i tu

has de pensar que ningú te’l pot donar,

perquè és el teu somni.

Anem a buscar el paradís.

No cal que sigui precís.

Mai més no ens avorrirem: hem d’avançar,

i en el país de meravelles creurem,

fins que, junts, el trobem.

CATALÁN

A versión catalá gravouse no estudio Sonygraf S.L. A tradutora da serie é Ada Arbós, mais ignoramos se foi ela quen se encargou tamén da tradución musical ou se este labor se lle encargou a un letrista. A intérprete é Mar Roca e a letra correspóndese plenamente co sentido orixinal.  Este é o resultado catalán.

Se se quere embarullar máis a cousa, habería que presentar a versión orixinal da xaponesa, que non é outra que unha canción en inglés da cantante italiana Lolita: Dreaming of you. Esta pertence ao xénero de música electrónica Eurobeat, que se fixo moi coñecido no Xapón. A letra bastante ten que ver coa que no ano 2000 o grupo nipón Folder 5 versionou e traduciu á lingua de Soseki.

believe

© Folder 5

dreaming of you

© Super Euro Beat

Onde radica a graza de todo isto? A versión orixinal, que foi concibida para o mercado europeo, adaptouse no Xapón para o público nipón. A tradución intercultural consistiu nun achegamento da música electrónica do Eurobeat á musica pop xaponesa (j-pop) de inicios de século. E esa versión axeitada ás cadencias da terra do sol nacente foi a que nos chegou a Galiza, País Vasco e Cataluña.

Polo tanto, esta singradura experimental, que parecía comezar no Xapón e rematar en Europa, non foi máis ca unha viaxe circular, un percorrido de regreso posible grazas á tradución.

Advertisements

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s