Como traducir o frío?

A hipótese Sapir-Whorf establece que existe unha relación entre lingua e pensamento, de maneira que o xeito de vermos o mundo está condicionado pola nosa fala. Esa é a razón pola que, segundo esta teoría, o galego presenta tal cantidade de palabras para referirse ao campo semántico da chuvia — máis de cen, arre demo! — ou os xaponeses teñen unha palabra para denominaren o orballo de pétalos das flores da cerdeirasakurafubuki (桜吹雪).

No exemplo que hoxe analizamos, a tradutora brasileira Denise Sales mediou co texto Contos de Kolimá de Varlam Chalámov. Esta obra son retallos da experiencia do autor nos campos de traballos forzados do Extremo Norte de Rusia, onde se chegan a rexistrar temperaturas inferiores aos -60ºC. A empresa de Sales foi achegarlles ese escrito aos lectores brasileiros, afeitos á caloriña e aos ceos azuis da súa realidade meridional — a nós, enténdase, que isto das localizacións é moi relativo —. 

contos de kolimá

© Editora 34

Neste caso situámonos diante de dúas paisaxes ben distintas: a brasileira e a rusa. A primeira das culturas, lugar de orixe da tradutora e autora do texto, presenta un clima cálido, en contraposición ao frío clima siberiano. Estes trazos, que se reflicten na obra orixinal, teñen que ser trasladados para o lector lusofalante, mais… como conseguir o efecto desexado? Velaí o interrogante que presenta a tradutora e tenta resolver no texto.

As diferenzas de temperatura e a «tradución» do frío para os lectores do texto meta son o maior problema: cómpre aportuguesar os distintos substantivos de frío que presenta a lingua rusa (segundo a intensidade deste) e as pezas de roupa que presenta a cultura orixe de seu. Por exemplo:

Chapka-uсhanka: gorro de inverno, xeralmente de pel, con abas para protexer as orellas.

Buchlat: casaca de inverno pesada, tradicionalmente usada por mariñeiros, con tecido duplo para protexer dos refachos de vento.

Daquela, en palabras da tradutora, «como transmitir os extremos da sensación de frio a quen vive nun país tropical?», «como deixar clara a diferenza entre kholod [pouco frío] e moroz [moito frío] na tradución?». Estas son preguntas que parten da fenda entre culturas. A lingua rusa recolle palabras relacionadas co punto de vista dos seus falantes que os brasileiros non habían entender nin habían sentir. Por iso, segundo a hipótese Sapir-Whorf, a tradución é imposible.

norteRusia

© Pinterest

Cada falante ve as cousas, segundo a devandita hipótese, en base á súa lingua, e o idioma portugués non permitiría albiscar eses graos de frío que emprega o ruso. Mais a teoría non é certa: a tradutora existe, o texto traducido tamén e, seguindo unhas estratexias determinadas, pódese alcanzar o resultado desexado. E esa é, sen dúbida ningunha, a maxia da tradución.


(Artigo elaborado en función dunha encomenda proposta na materia Introdución á teoría da tradución e a interpretación do Grao en Tradución e Interpretación da Universidade de Vigo).

Fonte: Frrrio… como traduzir? de Denise Sales.

Advertisements

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s