A cuestión da tradución dos títulos das longametraxes

Tense falado moito da tradución dos títulos das longametraxes: dise que non respectan a denominación orixinal, que son invencións dos tradutores, que son unha aberración para a obra audiovisual xenuína… Normalmente, son as distrubuidoras das películas as que deciden os títulos cos que estas serán coñecidas entre o público meta da tradución. Estes ben poden proceder do título orixinal, ben poden respectalo parcialmente, ben poden ser unha creación dos axentes paratradutores ou mesmo pode ficar o título da película na lingua de partida. A decisión responde, exclusivamente, a estratexias comerciais e de mercadotecnia e, xa que logo, o tradutor pouco ou nada ten que ver con esta cuestión.

En galego, o caso é un pouco máis complicado. Como é ben sabido, o cliente principal que encarga estas traducións é a CRTVG e, habitualmente, séguese unha táctica concreta: tómase o título da versión en español e tradúcese á nosa lingua para que o público galego poida recoñecer a obra que previamente se comercializou en castelán. De aí que filmes como Some like it hot ou The Hangover sexan, na súa dobraxe, Con saias e a rachar e Resacón nas Vegas, respectivamente.

Pero fóra dos produtos encomendados pola compañía pública, pódese intuír que non se segue esta práctica, xa que é posible encontrar discrepancias de títulos entre o español e o galego. É dicir, o título galego non bebe do título español, e achégase ao orixinal, pois non se encontra motivado pola estratexia que fomenta a televisión galega. Lo que el viento se llevó é Foise co vento (encargada por TVE) e Shin-chan: ¡Los adultos contraatacan! é Shin-chan: O imperio dos carrozas! (para Luk Internacional). 

foisecovento

© Metro-Goldwyn-Mayer

Velaquí recóllese o conxunto de longametraxes emitidas pola TVG (ou cofinanciadas por esta para cinemas) en maio do 2015. Non se inclúen as películas rodadas en español ou as películas galegas que emitiu a canle autonómica.

GALEGO ESPAÑOL ORIXINAL
Agora ou nunca Ahora o nunca The Bucket List
42 42 42
Alén da vida Más allá de la vida Hereafter
Bo día Buenos días Ohayo
Jonah Hex Jonah Hex Jonah Hex
Whiteout Whiteout Whiteout
Pasaxeiro 57 Pasajero 57 Passenger 57
Cargo Cargo Cargo
Infiltrados Infiltrados The Departed
Supermán, o regreso Superman Returns: el regreso Superman Returns
A dolce vita La dolce vita La dolce vita

Impacto inminente

Impacto inminente

Jingcha Gushi 4 zhi Jiandan Renwu

O príncipe namorado Cala reial Cala reial
Saídos de contas Salidos de cuentas Due Date
Seven Seven Se7en
Sherlock Holmes Sherlock Holmes Sherlock Holmes
Os sete samurais Los siete samuráis Shichinin no samurai
Cidade de ladróns The Town: ciudad de ladrones The Town
Quero ser un Thunder Quiero ser un Thunder Thunderstruck
Sucker Punch Sucker Punch Sucker Punch
Primavera tardía Primavera tardía Banshun
No centro da treboada En el centro de la tormenta In the Electric Mist
O noso último verán en Escocia Nuestro último verano en Escocia What We Did on Our Last Holiday
O especialista El especialista The Specialist
Luís II de Baviera Luis II de Baviera, el rey loco Ludwig

Pódese observar na táboa que a tradución do título ao galego está subordinada polo título que posúe o filme na dobraxe en español, como se expuxo anteriormente. Non obstante, hai catro casos que foxen desta práctica e están salientados en letra grosa. Como pode observarse, en tres destes exemplos a diferenza está na utilización dun subtítulo explicativo que acompaña o título orixinal (Superman Returns: el regresoThe Town: ciudad de ladrones) ou nun mesmo subtítulo a carón da nova denominación da película (Luis II de Baviera, el rey loco). Na versión en galego prescíndese das palabras aquí subliñadas. No cuarto caso, a película catalá Cala reial seguiu outra praxe e creouse un título completamente novo, se cadra máis explícito en relación ao argumento da longametraxe: O príncipe namorado.

holiday

© BBC Films

CGKa_WrWIAAR1nu

© BBC Films

Emporiso, debe aclararse que o máis frecuente é que os guións se traduzan do texto orixinal e non do texto español. Así, só no caso dos títulos comerciais o galego depende do español, e non no resto do texto audiovisual.

Advertisements

4 comentarios en “A cuestión da tradución dos títulos das longametraxes

  1. Pingback: A indirecta tradución directa | DERRUBANDO ISOGLOSAS

  2. Pingback: Depenando o «rousigaio» | DERRUBANDO ISOGLOSAS

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s