A tradución das gargalladas

Moitas veces, un tradutor ten que se enfrontar a textos humorísticos, cheos de chistes e brincadeiras que non funcionan do mesmo xeito na lingua e cultura de chegada. Por iso, a mediación cultural require enxeño e capacidade humorística, pois débese conseguir o mesmo efecto no produto meta  ca no de partida. Textos sublimes ou pataqueiros, todos eles son tratados co mesmo respecto polo tradutor para asegurar que a encomenda se cumpre con éxito.

A coñecidísima serie Shin-chan traduciuse ao galego partindo da versión española, e esta última do texto catalán que se teceu directamente desde o orixinal xaponés. Nun proceso de tantas traducións pontes é difícil achegarse a un texto orixinal tan subordinado polo conxunto de mediacións anteriores, mais conséguese e para mostra, un botón: o éxito da serie na cultura nipoa e galega contraponse ao seu fracaso en países como Italia ou Francia.

Seguíronse varias estratexias co obxecto de trasladar o humor dunha cultura a outra: o canciño Nevado chámase en catalán Nevat e en xaponés Shiro (Branco). O Porquiño Pirata é, en español, o Cerdito Valiente, o Porquet Pirata para os cataláns e Buriburizaemon (conxunto da onomatopea do proceso de defecación «buri buri» e mais o sufixo xaponés de respecto −zaemon).

20150729_220622

© TV Asahi

Os personaxes que apareceron na película da franquía Shin-chan: Na procura das bólas perdidas son os Mariconchis e os Cataplines en español, mais en galego convértense nos Mariolas e nos Perendengues (en catalán eran os Figa-flor e os Tita-fluixa). Felicitacións ao equipo de tradución catalán, conformado por Marc Bernabé e Verónica Calafell, mais tamén á excelentísima mediadora galega María Alonso, que unha vez máis demostra o seu bo facer dándolle ao produto unha lingua expresiva, dunha calidade única.

O príncipe de Bel-Air (The Fresh Prince of Bel-Air) é unha comedia de situación que, en termos xerais, trata dun rapaz atoleirado que vai vivir á dos tíos na procura de converterse nun home de proveito. As escenas que se derivan dos conflitos entre a diferenza de rexistros dos personaxes son protagonistas duns guións únicos que engaiolaron o corazón dunha gran cantidade de seguidores nos Estados Unidos, mais tamén aquí.

freshprince

© NBC

A continuación, expóñense tres exemplos concretos da tradución da serie relacionados coa diferenza de rexistros, cos referentes culturais e tamén cos xogos de palabras. No primeiro caso resólvese con equivalentes en galego da xerga dos adolescentes, no segundo substítuense por referentes universais (aqueles que non pertenzan á cultura de chegada pero sexan recoñecibles para o receptor da tradución) e, no terceiro, recórrese a unha dupla acepción da expresión que formula o personaxe.

VERSIÓN ORIXINAL TRADUCIÓN AO GALEGO

VIVIAN: Did you enjoy the trip?

WILL: The plane ride was stupid. All the way first-class.

PHILIP: Excuse me?

WILL: l’m saying the plane was dope

PHILIP: Excuse me?

WILL: No. Stupid, dope. No, that doesn’t mean what you. How would he say? The flight was really neat.

VIVIAN: Cóntame, que tal a viaxe?

WILL: Oh, a viaxe foi de merda, en primeira clase.

PHILIP: Como?

WILL Foi alucinóxena porque…

PHILIP: Como dis?

WILL: Non, de merda e alucinóxena non significan o que pensas. El como diría? Tivemos un voo excelente, si.

WILL: You got your own pool here?

ASHLEY: And a tennis court, too.

WILL: Yo, this is better than Love Boat! (…)

WILL: What? l’m not an expert or anything, but don’t you think driving a big old bus around town and then having a bonfire is sort of adding to the problem of pollution?

HILARY: Look, if this weren’t a good idea l really don’t think Ally Sheedy would be involved.

WILL: Tedes unha piscina só para vós?

ASHLEY: E unha cancha de tenis.

WILL: É mellor que Falcon Crest! (…)

WILL: Eu non é que sexa un experto pero pasear un autobús vello pola cidade e despois facer unha fogueira, vai agravar máis o problema da polución, paréceme a min.

HILARY: Mira, se non fose unha boa idea, dubido moito, moito, moito que Whitney Houston a apoiase.

ASHLEY: How come? Well, when l auditioned for Mrs. Berkley l couldn’t remember all the words to the song. The part l remembered was fantastic.

WILL: l’m sure it was. l bet you’re def.

ASHLEY: That’s what she said.

WILL: Not deaf. D-E-F. That’s just slang. Means terrific, good.

ASHLEY: Thank you.

ASHLEY: Pois, cando cantei para a señora Berkley non me acordei de toda a letra da canción, pero a parte que sabía saíume xenial.

WILL: Seguro que cantaches de pena.

ASHLEY: Foi o que dixo ela.

WILL: Non, non, de pena, P, E, N, A, no meu argot significa que o fixeches estupendo.

ASHLEY: Oh, grazas.

O humor non só se presenta en textos dialogados. Certas longametraxes recorren tamén á música como parte dun dos seus distintivos máis cómicos. A finalidade manda: se o público orixinal escacha coa risa, o receptor da tradución ten que esmendrellarse tamén co texto. Como exemplo, unha das cancións que interpreta o Doutor Maligno (Dr. Evil) no filme Austin Powers 2: A espía que me achouchou (Austin Powers 2: The Spy Who Shagged Me).

VERSIÓN ORIXINAL

From the moment I heard Frau say I had a clone

I knew that I’d be safe, cuz I’d never be alone

An evil doctor shouldn’t speak a lot about his feeling

My hurt and my pain don’t make me too appealing

I hoped Scott would look up to me

Run the business of the family

Have an evil empire just like his dear old Dad

Gave him my love and the things I never had

Scott would think, I was a cool guy

Return the love I have, make me want to cry

Be Eviiiiil, but have my feelings too

Change my love with Oprah and Maya Angeloo

But Scott rejected me, c’est la vie

Life is cruel, treats you unfairly

Even so, a God there must be

Mini-Me, you complete me

TRADUCIÓN GALEGA

Cando souben pola Frao que agora tiña un clon,

do contento que me puxen amarrei un cagallón.

Un maligno coma min débeo ter todo previsto:

un herdeiro con cabeza e que sexa algo máis listo.

De vello Scott non me ha coidar,

e dubido que siga co negocio familiar.

Creei un grande imperio que non sabe apreciar,

nin eu lle vexo traza de que o vaia continuar.

El non ve que son un tío guai,

o único que quero é que siga o meu consello:

«ser maligno»; non sei como o aturo,

estou del ata a calva e fáiseme moi duro.

Scott rexéitame: c’est la vie,

tanto ten, non lle hai que facer.

Agora si, postos a elixir,

Mini-Eu, e-lo meu Súper-Min.

Está claro que cadaquén ten un sentido do humor de seu. Mais esa é unha das moitas dificultades apaixonantes ás que se ten que enfrontar un tradutor: cómpre atinar coas palabras e ter tino para dar coa solución axeitada, brincadeiras á parte.

Advertisements

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s