Masacres entre as pontes de cultura

Como ben se especifica acotío, o tradutor é un mediador cultural. Non obstante, non sempre dispón de carta branca para tomar decisións neste campo e o seu traballo pode verse alterado por segundas persoas. No que respecta aos referentes culturais, debido ao produto comercial que é a tradución, pouco pode ter que ver o tradutor co resultado final. No caso dalgunhas series de animación, elabora un texto partindo do guión orixinal e despois unha serie de guionistas encárgase de adaptalo á realidade local.

Malia que isto non é o que sucede no caso galego, si adoita acontecer nos Estados Unidos, onde as series xaponesas que imos analizar a continuación sufriron este proceso. Imos tomar como exemplo primeiro unha serie que tivo un éxito notorio na TVG, Shin-chan, para vermos como afectou o proceso de adaptación na súa recepción. O que se percibe a simple vista é que aquí o produto foi un éxito mentres que nos Estados Unidos apenas coñecen o personaxe.

A versión en inglés de Shin-chan presenta cambios nos nomes propios: Misae é Mitsy, Kazama é Georgie Herbert Walker Prescott III (se cadra deducides de onde vén a brincadeira) e Nene é Penny. A Escola Futaba chámase Super Happy Fun Time American School.

1

© TV Asahi

As personalidades e particularidades propias dos personaxes tamén cambian. Masao, por exemplo, é homosexual. O director da escola (Principal Ench) ten un pasado escuro que non presenta no orixinal e Miss Polly (Señorita Ageo) é unha maníaca sexual. A irmá de Misae é cocainómana e Georgie (Kazama) é un conservador que fala seguido de Reagen e chama a todo o mundo «comunista» ou «socialista».

Tamén existe unha ruptura da cuarta parede:

Narrator: Boy, this show’s been swearing more this season. That’s either a sign that the Supes support it.. o-or don’t care about it! Hey Zach! We’re not getting canceled, are we!?
ADR Director Zach Bolton: Nah, they got like 600 of these in Japan. We’ll be doing this for years!

E mesmo se rin dos cambios de guión que se fan na propia adaptación:

Penny: Your stick figures suck!
Miss Anderson: No, Penny, that’s kanji, the Japanese writing we told your parents we’re teaching you!
Georgie: Riiight…douchebags use it for tattoos!
Shin: Mmhm, mmhm, or on this show when they’re too lazy to change things to English.
Georgie: Stop referencing the show!

A segunda serie que imos analizar é a tamén xaponesa One Piece. A primeira dobraxe ao inglés que se elaborou desta serie tamén implicou cambios no guión, mais imos analizar as mudanzas que se fixeron nos paratextos (imaxe e banda sonora).

A música é totalmente diferente. O que era unha peza de j-pop transfórmase nun rap algo estraño para unha serie coma esta. Afortunadamente, a versión galega si se traduciu desde o texto orixinal e o resultado é brillante.

A censura que se fixo, moi semellante á que se levou a cabo en Doraemonfoi desta vez máis sibilina. Por exemplo, agocháronse as referencias á relixión, así como tamén o fume e os cigarros nas máis das escenas en que aparecían, e as armas, en todos os casos, cambiáronse por pistolas de auga.

2

© TOEI Animation

3

© TOEI Animation 

4

© TOEI Animation

Estes cambios, para o público que coñece as versións orixinais e as traducións galegas das series, poden parecer ridículos. O espírito do orixinal destrúese, pois isto non é unha xustificación cultural: é un masacre. Series que aquí contaron cunha tradución magnífica e foron apoiadas polo público non gozaron da mesma sorte nos países de fala inglesa. De feito, One Piece tivo que redobrarse para ficar parella á versión xaponesa e actualmente a nova tradución conta cun gran apoio. Cabe preguntarse logo, ata que punto son lícitas estas adaptacións? Onde está o límite entre a adaptación e un produto totalmente novo? E onde está o respecto pola obra orixinal?

Advertisements

2 comentarios en “Masacres entre as pontes de cultura

  1. Moi bo artigo e dende logo, moi interesante! Conforme fun avanzando na lectura do artigo tamén me fun facendo as mesmas preguntas, sobre todo a de “ata que punto son lícitas ditas adaptacións”. Quedei pampa cos cambios tan drásticos dos nomes no “Sin Chan”, que considero innecesarios. Deberíase intentar conservar a esencia da personaxe e no caso de seres estritamente necesario, buscar unha alternativa a algún referente cultural.

    Por non falar dos cambios que se fixeron nas imaxes de “One Piece”. Hai modificacións polas que sí abogaría, como casos que comentaches en artigos previos como pode ser en “Doraemon” a escolla dun libro en lugar dunha boneca nunha escea concreta.

    Coma sempre, moi interesante! A única modificación que faría -trátase dun aspecto do visionado do artigo- sería modificar o enlace de Georgie Herbet para que se abra nunha xanela diferente e así facilitar a lectura. Iso é ben senxilo o que pasa é que non sempre aparece por defecto.

    Noraboa por un moi bo traballo de investigación e polas preguntas abertas a un debate!

    Liked by 1 person

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s