Doblatge, doblatge i… doblatge?

A dobraxe é unha ferramenta que pode ser moi útil para a lingüística e a tradución, pois permite constatarmos as diferenzas tipolóxicas e estilísticas que existen entre varias linguas ou entre as variedades dun mesmo idioma no medio oral.

Cando comezaron as dobraxes ás linguas autonómicas na década dos oitenta, as primeiras en aparecen foron a catalá, a vasca e a galega. Máis tarde chegou a dobraxe ao «valenciano» de RTVV, que só se explica como mecanismo ideolóxico para tentar disgregar a lingua catalá e crear, entre os seus falantes, un conflito interno: os valencianos falaban un idioma diferente ao dos seus veciños do norte. Mais, por se non fose abondo, xa ben entrados no século XXI apareceu outra dobraxe nas Illas Baleares. Os dirixentes da canle pública balear consideraban que merecían ter produtos audiovisuais na súa propia variedade de catalán «balear», de novo, cun compoñente ideolóxico detrás.

Unha das series que sufriu o proceso de encontrarse na mesma lingua tres veces dobrado foi El detectiu Conan. A continuación presento o episodio 27 (En John i el cas de l’assassinat / John i l’assassinat / En John i s’assassinat) coa dobraxe ás tres variedades de catalán.

Estas son algunhas das diferenzas dialectais que presenta o fragmento escollido entre as tres versións:

CATALÀ CENTRAL (TV3)

CATALÀ VALENCIÀ (RTVV)

CATALÀ BALEAR (IB3)

en Conan

Conan

en Conan

el gos

el gos

es ca

vuit

huit

vuit

nois

xiquets

al·lots

aquí

ací

aquí

Veure

vore

veure

anar (sortir)

eixir

anar (sortir)

més o menys

més o menys

més o manco

sóc

sóc

sóm

Unha lingua que segundo Ethnologue ten 5,150.000 de falantes non pode permitirse o luxo de contar con tres dobraxes diferentes. A normalización e normativización do catalán non se pode conseguir cunha disgregación tan extrema; é contraproducente reducir a verdadeira realidade do idioma de Joanot Martorell cando, ademais, os máis dos falantes teñen ben claro que se trata da mesma lingua. As estratexias políticas de certos partidos, inimigos absolutos da normalización da lingua catalá, parece que non o ven do mesmo xeito. Pero por suposto, por suposto, cómpre ter en conta que as variedades dialectais dunha lingua son as que a enriquecen.

Existe un Servei Català de Doblatge que non só debera funcionar en Cataluña, senón que habería que espallar a Valencia e Baleares. Debeu crearse, xa nos oitenta, un catalán estándar útil para os Països Catalans na súa totalidade, para que os estudios e actores das tres comunidades traballasen cun só modelo de lingua e, así, contaren as tres canles de TV con produtos en catalán e non ter que se subordinar ao español. Un estándar que respectase e tivese en conta todas as variedades do catalán, sen que unha se vise subordinada a outra. Actualmente, só prevalece unha das tres dobraxes sobre as outras: a tradución ao catalán central de TV3. O goberno valenciano fechou RTVV e IB3 deixou de dobrar produtos de seu e emite a produción allea en español.

Mapa_lingüístic_de_la_Península_Ibèrica.svg

© Wikimedia Commons

Por certo, TV3 tamén se encargou de realizar algunha dobraxe de produción propia ao aranés (variedade da lingua occitana falada no Val d’Aran). Tamén, afortunadamente, RTPA comezou a encargar a dobraxe dalgunha longametraxe clásica e algún produto infantil ao asturiano. Mais esas xa son outras historias: o abrocho do porvir.

A lingua catalá ten futuro. Deixando de lado disputas políticas e camiñando da man pódese ir cara a diante. Mais, se os mandatarios políticos teñen a lingua como unha arma que podería botar abaixo certas conveniencias, só resta esperar que triunfen a verdade e mais o sentido común.

Advertisements

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s