Eu nunca coidei heterónimos…

Falar do Guardador de rebanhos non é falar dunha obra calquera, porque o Caeiro non é aun autor calquera. Este é froito da imaxinación de Pessoa, unha nova personalidade, que pouco ten del, e que lle serve ao portugués para comunicar a través das súas palabras as sensacións máis naturais que lle poida achegar a natureza.

A obra dos heterónimos evócanos un interrogante. Quen é verdadeiramente Fernando Pessoa? É un pastor, un filósofo ou un tradutor de correo portuario? A figura de Pessoa, do Caeiro, é máxica. É todo a un tempo. É mesmo, sen o pretender, o poeta do antifado, o poeta que compón profundas reflexións espirituais e que se sitúa na trascendencia, ao se posicionar, ademais, contra toda clase de tristura.

Pessoa é un escritor sobrandeiro. Pode situar a Xesucristo coma un cativo «a correr e a rolar-se pola erva», que foi «à caixa dos milagres e roubou três» e que «limpa o nariz ao braço direito», entre as moitas atribucións que lle dá ao Menino Jesus. O pastor tamén dá afirmado que o río que pasa pola aldea del é moito máis fermoso ca o Texo, só por ser o río que pasa pola aldea del ou tamén bota afirmacións tales coma a de encontrar natural que non se pense.

1abd-alberto-caeiro-e-fernando-pessoa

© Almada Negreiros

Pessoa é, ademais, o testemuño directo do legado de Walt Whitman (no que se refire ao tratamento que fai da natureza e do mundo que o rodea), ademais de contemporáneo ao modernista español Machado. Cómpre destacar a relación literaria que se estabeleceu entre Saramago e Pessoa, ao escribir o primeiro unha obra sobre un dos heterónimos do segundo, Ricardo Reis, para esclarecer así un dos misterios desta figura, a morte, e inmortalizar, a un tempo, ao propio Pessoa.

Sen dúbida, un dos mellores poetas universais. É fantástico que sexa lectura obrigatoria para os alumnos de Literatura Universal de segundo de Bacharelato, para fuxir dos poetas máis clásicos e descubrir que a poesía pode ter mesmo vida, xogar e viaxar alén das palabras.

Há metafísica bastante em não pensar em nada.

Advertisements

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s