Un engano para soñar

A dobraxe en galego, entendida como a entendemos hoxe, naceu coa creación da TVG, aló polo ano 1985. Daquela, neste ano 2015 fai 30 anos. Recente, si, mais potente. A dobraxe ao galego demostrou moitas veces o seu bo facer: boas traducións e boas interpretacións, o que garantiron o seu éxito co público e a implantación nos nosos recordos mediante decenas de frases e escenas míticas. Non obstante… Cal é o seu porvir?

Ata hai ben pouco existían industrias de dobraxe tamén na Comunidade Valenciana e nas Illas Baleares. Estudios que dobraban a cadansúa variedade do catalán. Catar o debate sobre a xustificación da súa existencia, estas empresas morreron (ou están a morrer) a causa de que o seu cliente principal, impele principal da súa creación, desapareceu ou decidiu prescindir dos seus servizos.

A dobraxe galega leva tempo procurando alento desesperadamente. Unha arte coa que todos medramos e que todos levamos no corazón por algunha ou outra razón non merece pedir axuda a berros. A TVG, o cliente que motivou o seu nacemento, xa non encarga un volume de traballo sostible, malia figurar así nos plans de orzamento de Política Lingüística. Cartos que se esfarelan e, con eles, palabras da nosa lingua, personaxes e escenas que fican mudas.

A dobraxe é necesaria. Mesmo aínda que para algúns sexa nociva, a dobraxe é un “mal” necesario. Pois grazas a ela unha lingua pode acadar un estado de normalidade, ao ver persoeiros importantes a falar galego, ao sentir unha lingua limpa de interferencias e natural, ao escoitar un galego propio foneticamente falando, ao achegárense culturas alleas a través da idiosincrasia propia… Precisamos da dobraxe, polo si ou polo non. E cada un de nós ten un motivo de seu para reclamala e apoiala.

Cumpriría que a situación fose mellor, desde logo. Os nosos veciños cataláns e vascos teñen a opción de escoller o subtitulado na súa lingua vernácula. Poden acceder ao cine a ver certas películas no seu idioma. E mesmo poden seleccionar ouvir as palabras da súa fala co mando do seu DVD. A anos luz de nós, vaia.

Coa dobraxe sentimos ese engano que nos mergulla en que Clint Eastwood, Morgan Freeman, Doraemon, Son Goku ou Shin-chan falan o galego e, que ao mesmo tempo, nos achegan a eles, e eles aproxímanse á nosa realidade. Os Estados Unidos, Francia, Alemaña, o Xapón…; están máis preto de nós. Só reclamando o noso espazo na produción internacional faremos ouvir a nosa voz. Non é imposible e lévase facendo de marabilla. É un soño real. Unha ilusión… De cine.

Advertisements

4 comentarios en “Un engano para soñar

  1. Pingback: A docencia da dobraxe | DERRUBANDO ISOGLOSAS

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s