U-lo pasado?

Acá o único que importa é facer por non se afundir”

Engurras é unha desas películas que convidan á reflexión, que conteñen realidade a esgalla no seu guión e non deixan indiferente a ninguén. Dirixida por Ignacio Ferreras e baseada na banda deseñada de Paco Roca, estreouse no ano 2012 con Tacho González, Mabel Rivera, e Álvaro Guevara prestándolles voz aos personaxes principais.

Retrata de maneira crúa pero con doses de humor a doenza do alzhéimer coa chegada de Miguel, un banqueiro xubilado que ao ir vello dálle problemas ao fillo, a unha residencia de anciáns e o día a día dos compañeiros del, que teñen cadanseu drama persoal. Por exemplo, Emilio é un emigrante retornado que non ten familia e Antonia ve pasar os días anhelando unha visita do neto.

engurras

© Perro Verde Films

O protagonista non é consciente da enfermidade que padece e o espectador tampouco, pois as pistas que se nos mostran non van parellas co que acontece. Mais nun determinado momento, vista a realidade e todo o que o rodea, Miguel dáse de conta e comeza a loita por tratar de permanecer no presente. Sen dúbida, alén da historia principal, os arcos secundarios que se abren na trama, eses retallos do pasado, son os que lle dan riqueza ao guión: a historia de Dolores e o seu home, o propio pasado de Miguel, a viaxe no Orient Express nun maxín alterado, a posibilidade do suicidio… E tamén o humor coas escenas do ximnasio ou da piscina, ou pequenos detalles como a metáfora da folla que esvaece no comezo do filme. A loita interna e colectiva dos personaxes xoga, sen dúbida, un rol moi importante no desenvolvemento do argumento.

A animación é excelente e o reparto vocal maxestoso. O acento do propio Guevara, incluídos os seus modismos arxentinos, realzan a riqueza dun bo texto e a autenticidade da obra. Malia durar só unha hora e media, a película recompila unha gran cantidade de temas e úneos todos nun só: o tópico latino ubi sunt? e a loita dos protagonistas contra a resignación. Merecedora absoluta do Goya e do Mestre Mateo, Engurras demostra unha vez máis que en Galicia se pode facer cine e, ademais, de calidade.

Advertisements

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s