Na procura do terceiro home

Considerada un dos meirandes clásicos da historia do cine, The Third Man é unha longametraxe innovadora: xogos de planos, personaxes redondos, tramas expectantes e escenas en calellas sombrías. Todo isto e máis avala a película de Carol Reed, The Third Man, guionizada e trasladada á prosa ao mesmo tempo por Graham Greene.

En primeiro lugar, o acontecemento sobre o que xira todo o filme (a presunta morte de Harry Lime) non é resolto en ningún momento. Se cadra esta é unha das claves do cinema negro pero o espectador non chega a coñecer cal foi a argucia de Harry para se escapulir da morte e suplantar o seu corpo polo cadáver do seu amigo. O público chega ao desenlace sen dar entendido un dos quids máis importantes. Poida que non se explique isto co obxecto de fuxir dun posible gore? Isto demóstrase ou xustifícase en escenas coma as do asasinato do mordomo no hotel ou na visita de Holly ao hospital, onde non se nos amosa nin a morte do primeiro nin os corpos desmembrados dos cativos no segundo caso.

ThirdManUSPoster

© London Films

 

Por outra parte, pode resultar excesivo o uso da banda sonora da película. Unhas notas máis ben propias de músicas hawaianas, de ambiente tranquilo que non encaixan, segundo as concepcións máis clásicas deste xénero, no ambiente tenebroso que a historia quere narrar.

A película cambia os seus ritmos estrepitosamente. Isto pode resultar molesto, pesado ou mesmo pedante. Personaxes e escenas coma a da conferencia do escritor non achegan nada máis que puro rolo de fita para a duración final da obra. Non obstante, a escena final, nos sumidoiros da cidade da Viena, unha das máis recoñecibles do cine universal si foi unha grandísima e aplaudida decisión, que mantén o espectador en transo ata o final.

As actuacións dos personaxes son moi boas. Non obstante, o rol desempeñado por Welles desta vez non chega nin a igualar a súa actuación en Citizen Kane, pois mantense nesta ocasión bastante plano, moi cinguido ao propio guión sen apenas fuxir del ou sumar un toque persoal.

BDDefinition-ThirdMan-n-1080

© London Films

O que vén sendo: boas actuacións e técnicas cinematográficas innovadoras, un bo argumento con algúns puntos febles, pero que nos suscita o interrogante seguido de quen é o terceiro home, ao mesmo tempo que se establece un xogo entre novela-filme, escritor-guionista.

Advertisements

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s