O que do Murakami?

O Murakami é un dos poucos escritores xaponeses que nos chegan a Occidente. E non só iso, senón que se converteu nun dos que máis gusta. Desde logo non se lle pode quitar mérito a este feito pois, alén dos escritos que publica Rinoceronte Editora, é o único escritor xaponés que tivemos a sorte de ler na nosa lingua. A fazaña debémosllela a Mona Imai e a Gabriel Álvarez, que trasladaron as verbas do nipón á nosa lingua.

O resultado son catro títulos publicados no idioma de Rosalia pola Editorial Galaxia: 1Q84 (Partes 1 e 2), 1Q84 (Parte 3), Tras do solpor e Do que estou a falar cando falo de correr. Grazas a eles podemos entender os pensamentos de Aomame e Tengo, metérmonos na súa vida e tecer a crisálida de ar que se sitúa sobre eles.

Aomame traballa nun ximnasio, pero tamén realiza o choio encuberto de asasina a soldo. Tengo é un escritor de moita valía mais non recoñecido, contratado para darlle forma á historia A crisálida de ar, escrita sen moito xeito por unha nena prodixio. O proxecto literario e a gavela Amencer que se oculta tras este unen os dous personaxes nun mundo novo, no 1Q84 (o que e o número nove lense da mesma maneira en xaponés: kyû), clara referencia ao libro 1984 de George Orwell, ao que tamén se fai mención no propio texto.

1Q84

© EDITORIAL GALAXIA, S.A.

9788498653892

© EDITORIAL GALAXIA, S.A.

 

Cada personaxe presenta unha fondura interior que empatiza co lector xa ao comezo. Desde o primeiro, móstranse dous personaxes illados aparentemente que conforme avanza o fío da historia acaban por enlazar o seu destino… E mais o seu pasado.

Os capítulos preséntanse de maneira separada entre os dous protagonistas e é o lector o que debe desenlear as tramas aparentemente paralelas e dar coa encrucillada das mesmas. Esta estrutura, que pode resultar incómoda ou desconcertante a primeira vista, agradécese co transcorrer da obra, pois é o lector o que a través dun xogo cerebral vai unindo, non só as historias de Aomame e Tengo, senón os mundos do 1Q84 e o do 1984. No terceiro libro, o detective privado Ushikawa, contratado para pór fin á vida dun dos protagonistas, cobra relevancia.

O panel de personaxes secundarios é moi extenso. A vella anciá, o seu gardacostas, o líder da seita e da comuna, a pequena Fukaeri…; enriquecen os textos destes tres volumes e vencellan a vida dos dous protagonistas.

As casualidades da vida, as utopías, o paso do tempo cun presente desolador, o sexo, as ilusións, o amor da infancia, as inxustizas, a relixión, o control das autoridades, a música, a verdade, a homosexualidade, as seitas… Son algúns dos temas que trata Murakami de maneira brillante nesta obra.

Se ben tres libros (na edición galega dous) con cadanseu lote de cincocentas páxinas pode ser demasiado pesado, o estilo do libro non o é en absoluto. As frases de Murakami son sinxelas de comprender e non son vítimas nin do barroquismo nin da redundancia.

5277984

© Haruki Murakami

Advertisements

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s